Abre as súas portas en Lugo a Tradescola, un novo proxecto que xestionará a Asociaciónde Gaiteiros Galegos.

A Tradescola é un novo centro de formación especializado cunha proposta educativa estructurada que lle permitirá ó alumnado adquirir unha formación integral na música e no baile tradicional.

Coa intención de complementar a formación do alumnado, a maiores das clases semanais impartiranse cursiños monográficos e outras actividades vencelladas coa difusión da cultura tradicional. O obxectivo e ofrecer formación complementaria ao profesorado das asociacións da bisbarra, ao seu alumnado, así como a todas as persoas interesadas na música tradicional.

TRADESCOLA

Complexo Residencial Xuvenil 'Lug II'

Rúa Pintor Corredoira, 4 · 27001 · Lugo

Tfn. 982 229 966

tradescola@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com