Benvido ao Portal da AGG!

Login
Nome:

Seña:


Esqueceu a seña?

Procura
Tradescola

Aturuxos

Publicacións da AGG

Novidades discográficas


LINHO DO CUCO
Linho do Cuco 3

Informamos que á Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos terá lugar o vindeiro Domingo 27 de Xuño, do presente ano 2010, ás 11:00h. en primeira convocatoria, e ás 11:30h. en segunda convocatoria. Este ano terá lugar no Auditorio do Museo do Pobo Galego, situado en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

A asemblea terá a seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación se procede das actas anteriores.
2. Informe das actividades realizadas no ano 2009.
3. Planificación de actividades para o ano 2010.
4. Aprobación do estado de contas do ano 2009.
5. Rogos e preguntas.
6. Varios

Agardamos contar coa túa presenza.


Os vindeiros 5 e 6 de xuño terá lugar o "V Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste". Este ano non se poderá celebrar a actividade central do "Encontro", a VII edición do "Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA", agardando que o vindeiro ano se lle poida seguir dando continuidade, as actividades que se levarán a cabo este ano son as seguintes:

Sábado 5 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)

11:30 h RELATORIO
Las edades de la gaita. Dr. Javier Campos Calvo-Sotelo

12:30 h PRESENTACIÓN
Presentación CD VI Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA.
Actuación de Albor (Pedro Álvarez, Ramón Corral e Miguel Souto), conxunto gañador da VI edición

13:30 h EXPOSICIÓN DE PINTURA
Inauguración da exposición Manuel Villanueva, o Gaiteiro de Poio, do pintor e gaiteiro Álvaro Novegil "Alvarellos" coa intervención de Manuel Orío Ávila, escritor, crítico, periodista e músico.

ESCOLA DO CAMPO (Combarro - Poio)

17 h -20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa

DOMINGO 6 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)

11 h -14 h e de 17 h - 20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa

Información sobre as actividades, horarios e inscrición no cartel e folleto adxunto.

Máis información:
- Concello de Poio www.concellodepoio.es / 986 77 00 01
- Asociación Cultural Pai da Cana www.paidacana.com / 626 82 54 42


O Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) quere de novo manifestar a súa total indignación e malestar ante o que está a contecer coa serie de novas publicadas en distintos medios de comunicación con relación a última xira da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense por terras chinesas, onde participou representando, segundo din eles, aos galegos dentro da Semana de Galicia da Expo Universal de Shanghái á conta de todos nós. É un erro moi grave e unha falta de respecto dicir nestas novas que a instrumentación e estética que emprega esta formación é galega e que os traxes e a súa música representan a nosa cultura. Simplemente temos que observar un pouco a agrupacións deste tipo para decatarnos que son todo menos galegas. Levamos anos e anos sendo partícipes desta gran farsa, desta manipulación total e absoluta por parte de Xosé Lois Foxo (Director desta agrupación e da Escola de Gaitas ourensá) e de tódolos organismos públicos e privados (Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Caixa Galicia, Caixanova, etc.) que apoian esta copia mal feita do modelo escocés nas bandas de gaitas e que presumen de defender a nosa terra. Xa vemos. E máis cando institucionalmente esta agrupación presume de representar a Galicia co beneplácito dos nosos gobernantes. Porque o Señor Foxo sabe de sobra e é consciente de todo o dano que está a facer. E ese máis que repetido argumento de que hai que evolucionar cae polo seu propio peso porque o que se está a facer é copiar directamente: gaitas cos roncos cara arriba (imitando ás escocesas), bastón de mando militar, tambores e bombos de alta tensión (os mesmos que os das bandas escocesas), pezas manipuladas ao seu antollo, malabarismos e desfiles espectaculares. Todo moi galego segundo eles. O CDG limítase a informar e concienciar á cidadanía desta inxusta situación que estamos a vivir na nosa música dende hai xa case vinte anos. Esta confusión fai que o pobo asuma como propio algo que non é de aquí. E o máis triste é, sen dúbida, que os espectadores que presenciaron á Real Banda neses concertos pensan que a música galega é así e identifican iso como o que non é. Lamentable e vengoñento. Basta xa de mentiras e enganos.

Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)




O GAITEIRO DO FRAGOSO, como el mesmo gustaría que o recordaran, é un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia e imprescindible para o que pode considerarse Vigo e comarca.Hoxe en día é o mellor expoñente da tradición gaitística galega.figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano,pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.

Por ende, organízaselle un máis que merecido acto de homenaxe que terá lugar o vindeiro sábado 19 de Xuño no auditorio do Conservatorio Superior de música de Vigo.

Posterior á homenaxe haberá unha cea, que ten prazas limitadas no Restaurante Rocamar de Baiona (40€ praza). Para inscribirse podedes contactar coa secretaría da Asociación de Gaiteiros Galegos no telf 986 84 70 74 ou no correo secretaria@gaiteirosgalegos.com










VENRES 28 Foliada en Abellá-Frades

Dende as 20:00h roteiro de gaiteiros por los bares: CARLOS, MARTIN E NOVO.


E a partir das 22:00 h, no Restaurante CASA VELLA, celebrarase a 20.ª edición das "Noites de Tasca".



O protagonista da noite será, entre outros, o gran palleteiro e mestre gaiteiro da Coruña XAN BREA LODEIROS


E despois Foliada para que participedes todos os que vos acheguedes a Abellá


A cidade de Ourense retrocederá ao movemento cultural e actividade artística de principios do século XX na I edición da Festa de Recreación Histórica 'A Bela Auria', que terá lugar o próximo domingo 30 de maio no IES Otero Pedraio e o Xardín do Posío da capital de As Burgas.


O certame pretende retroceder no tempo e trasladar á cidade comezos do S.XX, ata 1936, nunha época de efervescencia cultural, literaria e artística. Para iso, preto dunha trintena de asociacións e entidades, como Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, Grupo de Música Tradicional Rebulir, A Coral de Ruada, Orfeón Unión Ourensana... entre outros, participarán e colaborarán nas actividades que se desenvolverán ao longo do día, entre as 10.30 horas e as 23.00 horas.
Durante toda a xornada dominical as actividades incluídas na primeira edición de 'A Bela Auria' se distribuirán entre o IES Otero Pedraio e o Xardín do Posío da cidade de Ourense.

En concreto, o instituto acollerá tres concertos de corais, un ciclo de conferencias e dúas exposicións, unha sobre libros antigos e outras con fotografías, que levará por título 'Ourense na memoria'. A parte lúdica do festexo terá lugar no Xardín do Posío, espazo reservado para talleres, bailes tradicionais, unha exhibición de esgrima histórica, pasarrúas, animacións teatrais e cinema ao aire libre con proxección de películas antigas. Todo nun clima lúdico e trouleiro que será o dominante durante a xornada.

Para máis información podedes consultar as páxinas:
- http://www.belaauria.com/
- http://belaauria.wordpress.com/






Celebrarase en Muimenta o 6 de Xuño entre as 11 e as 20h.

Entre as actividades atoparemos.
- 40 Campos de xogos
- 15 Postos de exposicións e obradoiros
- Máis de 100 xogos
- Demostración de xogos de diferentes lugares










Celebrarase o 5 de Xuño do 2010

13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra

•Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA)

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:

• "RESPIRAR NA PUNTA DOS DEDOS" . Conversas, tocatas e acordeóns diatónicos.

• MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)


-FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, madeira...

15:00- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12€)


DURANTE A TARDE:

• XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES

• "BUSCANDO MILAGRES" con Celsiño Fndez. Sanmartín

• CONVERSAS, TOCATAS E ACORDEÓNS DIATÓNICOS

E ao que se vaia facendo de noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!


ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 62 82 39

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!


O vindeiro sábado 29 de maio a partir das 19:30h, na Sociedade de Agricultores do Viso (O Viso, Redondela, enfrente a Tenda de Concha),

CONCERTO DIDÁCTICO DE PABLO CARPINTERO e de seguido

OBRADOIRO DE REGUEIFA impartido por BENITO LOBARIÑAS

e para rematar

FOLIADA (non esquezas o teu instrumento).

A entrada é totalmente de balde ata completar aforo.


Organiza: ASOCIACIÓN CULTURAL STA. MARÍA DO VISO

_ _
Asoc. Cultural Sta. María do Viso
Tuimil, 67. O Viso
36810 Redondela. Pontevedra
Telf. 626 156 872
acsmviso@gmail.com
http://www.terrameiga.net


Os vindeiros 5 e 6 de xuño terá lugar o "V Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste". Este ano non se poderá celebrar a actividade central do "Encontro", a VII edición do "Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA", agardando que o vindeiro ano se lle poida seguir dando continuidade, as actividades que se levarán a cabo este ano son as seguintes:


Sábado 5 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)
11:30 h RELATORIO
Las edades de la gaita. Dr. Javier Campos Calvo-Sotelo

12:30 h PRESENTACIÓN
Presentación CD VI Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA.
Actuación de Albor (Pedro Álvarez, Ramón Corral e Miguel Souto), conxunto gañador da VI edición

13:30 h EXPOSICIÓN DE PINTURA
Inauguración da exposición Manuel Villanueva, o Gaiteiro de Poio, do pintor e gaiteiro Álvaro Novegil "Alvarellos" coa intervención de Manuel Orío Ávila, escritor, crítico, periodista e músico.


ESCOLA DO CAMPO (Combarro - Poio)

17 h -20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa



DOMINGO 6 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)

11 h -14 h e de 17 h - 20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa

Programa

Máis información:
- Concello de Poio www.concellodepoio.es / 986 77 00 01
- Asociación Cultural Pai da Cana www.paidacana.com / 626 82 54 42






O venres 28 de maio a partir das 10 da noite, no bar-restaurante CASA VELLA, en Abellá - Frades, celebrarase a vixésima edición das "Noites de Tasca".

O protagonista será o gran artesán e mestre gaiteiro JUAN BREA LODEIROS, da Coruña.

E despois Foliada para que participen todos os que se acheguen ata Frades.











Este venres 21 de maio, a partir das nove da noite nunha carpa no Campo da Feira de Ordes.

Nela participarán 17 agrupacións da Mancomunidade de Municipios de Ordes.

Estades convidados.


Máis info: accaminorealpoulo@gmail.com
Tlf. da Asociación 660476854.





Varios artistas renden tributo á señora Carmen, tesouro vivo da canción tradicional galega, para presentar no Pazo da Cultura o seu traballo musical, con cancións cheas de sentimentos nas que nos conta a súa vida dun xeito moi íntimo e persoal, mergullándose na Galicia que viviu de nena en claro contraste coa Galicia actual. " Na flor dos meus anos" conta con grandes colaboracións musicais: dende os portugueses Dulce Pontes ou Augusto Canario até os galegos Uxía, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní ou membros de grupos tan recoñecidos como Treixadura, Berrogüetto ou Malvela, demais do contacontos Celso Fernández Sanmartín.

Venres 21 de maio, 21:00 horas.
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura.
Prezo: 10 euros.



Faleceu o domingo de mañá en Pontevedra o Dr. D. Faustino Santalices Muñiz, fillo de D. Faustino Santalices Pérez, prestixioso etnomusicólogo, artesán e intérprete de gaita e zanfona, oriundo de Bande, que a inicios do s. XX rescatou a zanfona do esquecemento e dignificou a construción da gaita galega.

D. Faustino Santalices Muñiz tamén aprendeu a tocar a zanfona e se algo lle caracterizou sempre foi a devoción e amor polo seu pai, e como fiel depositario de todo o arquivo e memoria viva do seu pai, D. Faustino Santalices fillo loitou toda a súa vida polo recoñecemento da figura do seu pai e para a perpetuación da súa labor a prol da tradición musical e da cultura galega.

Na súa labor profesional como reputado oftalmólogo en Madrid, especializouse no afiado do instrumental quirúrxico oftalmolóxico, elevando a categoría científica o arte de afiar, que como el sempre explicaba só podía conseguir alguén que tivese nacido en Ourense, a terra dos afiadores. Tamén desenvolveu numerosos inventos e patentes que supuxeron un grande avance na cirurxía ocular do seu tempo.

Enterrárono onte e o funeral será hoxe ás 5 da tarde na Igrexa de Santa María en Pontevedra






Os Azoughados de Churío graban maqueta e queren estar acompañados de todos os amigos.

Celebrarán unha foliada o día 16 de maio ás 21.30 horas e estarán acompañados por:

Grileiros (A Coruña)

Maghúa (A Coruña).

Contarase con zona de acampada.

O Cruceiro de Feás.

Máis información no teléfono 677455377


(1) 2 3 4 ... 15 »
Menú principal
Mini calendario
Més pasadoSet 2010Més seguinte
Lu Ma Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Hoxe
Eventos para hoxe
Sen eventos
Eventos por vir
Sen eventos