Benvido ao Portal da AGG!

Login
Nome:

Seña:


Esqueceu a seña?

Procura
Tradescola

Aturuxos

Publicacións da AGG

Novidades discográficas


LINHO DO CUCO
Linho do Cuco 3

A Asociación Cultural Retrouso organiza este sábado ás 20.00h a segunda edición do Festival do Acordeón de Bueu, no Centro Social do Mar, con entrada de balde. No acto intervirá o alumnado da escola de acordeón MªTeresa Pedrouso da Asociación Retrouso, Haberá unha colaboración do grupo de pandeireteiras Retrouso (que tocarán acompañadas do acordeón e tamén algunhas pezas elas soas), tocará o actual profesor da escola, o acordeonista vigués Manuel Olegario Rodríguez, e pechará o acto o grupo folk A ghaita do avó, con xente de Marín e varios colaboradores da Asociación Retrouso.

Este é o primeiro festival que se celebra desde o inesperado falecemento a finais do ano pasado da profesora e fundadora da escola de acordeón dentro da Asociación Retrouso, Mª Teresa Pedrouso. Con tal motivo, Retrouso quere dedicarlle a ela o festival e, para gardala na máis achegada lembranza decidiu poñerlle o seu nome á escola de acordeón.

Retrouso é unha asociación cultural con sede na parroquia de Cela, en Bueu. Conta con actividades enfocadas á formación fomento e difusión da cultura galega, con clases de baile, gaita, percusión, canto e pandeireta, coro e acordeón.



Este ano a Asociación Cultural Donaire cumpre 10 anos e con motivo do seu aniversario vai realizar unha serie de actos.

O primeiro destes actos vai ser un festival infantil de música e baile tradicional.

Este festival vaise chámase O Berce de Donaire e contará coa participación das seguintes asociacións:

A.C. Donaire (A Coruña)
A.C. Xacarandaina (A Coruña)
A.X. Xiradela (Arteixo)
A.F. O Arco da Vella (San Miguel de Reinante)

Este festival vaise celebrar o próximo domingo día 9 de maio no auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña ás 17:30.

Venta de entradas:

Taquilla central, Praza de Ourense: de luns a Venres de 9.30 a 13 y de 16.30 a 19.30 h.
Taquilla Forum: A Partires dunha hora antes ó concerto
Televenta: 902 504 500
Venda electrónica: https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php





Un ano máis, a Asociación Sociocultural Coto Manguelo de Orazo, A Estrada, organizan este Festival de primavera . A música tradicional en todas as súas expresións é a protagonista .

Este ano 15 grupos farannos desfrutar dende primeira hora da mañá ata o amencer. Coma todos os anos haberá artesáns, exposición de debuxos, zona de acampada e aparcadoiros gratuíto e o campo estará cuberto cunha gran capa.Haberá tamén polbo, churrasco e bocatas a prezos populares.

Actuacións:
De 17:00 a 18:00h XUNTANZA DOS REGATOS
De 18:15 a 18:30h LILAILA
De 18:30 a 19:15h A CARBALLEIRA DE CERCIO
De 19:15 a 20:05h PETER PUNK
De 20:05 a 20:35h Ó SON DA FERVENZA
De 20:35 a 21:35h CANTIGAS DA TERRA
De 21:35 a 22:05h TRIOLIRO REGUEIFEIROS
De 22:05 a 22:35h CÉ ORQUESTRA PANTASMA
Ás 23:00h Entrega de premios do concurso de debuxo
De 23:00 a 23:20h XUNTANZA DOS REGATOS
De 23:35 a 00:35h REQUINTA DA LAXEIRA
De 00:50 a 01:50h ALVARIZA
De 02:05 a 03:05h KORRONTZI
Ás 03:20 OS TRES TREBÓNS
Durante os tempos mortos animarán OS LARPEIROS, CÉ ORQUESTRA PANTASMA, TRIOLIRO REGUEIFEIROS

Pola maá as charangas BB+ e Antaruxa percorrerán todos os lugares da parroquia .




O vindeiro sabado 1 de Maio de 2010, a “Asociación Cultural Cántigas e Frores” celebrará en Lugo o III Festival de escolas de música e baile tradicionais, no que ademais da participación de todas as escolas da asociación anfitriona “Cántigas e Frores”, terán como invitados a “Agrupación Los Xustos de Gijón”.

A xornada de encontro e convivencia entre as distintas asociacións iniciarase pola mañá, con unha visita á cidade de Lugo, unha comida de confraternidade e unha xornada de xogos tradicionais para os máis pequenos.

Posteriormente , terá lugar o festival , que se realizará no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 18.00h.

III FESTIVAL DE ESCOLAS ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL CÁNTIGAS E FRORES

Auditorio Municipal Gustavo Freire (LUGO)

Sabado 1 de Maio de 2010

18.00 HORAS


Xa se pode consultar na páxina da Foliada de Melide o programa da VI Edición, un programa que promete variedade e moita festa. Visita a súa web.

A AGG colabora coa Foliada organizando un Seminario de Percusion para Canto tradicional para o cal contaremos coa presenza de Pablo Carpintero e Marita Guiadáns. Consulta o programa. Para asistir ao curso deberase enviar o impreso de inscrición, que se pode descargar premendo aquí.

e enviándoo por correo convencional á Rúa Alfonso XIII, 7, oficina 8. 36002 Pontevedra; ou por correo-e a secretaria@gaiteirosgalegos.com.

O prazo de inscrición rematará o día 20 de Abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.


A Asociación cutural e xuvenil "Val da Maía", de Ames, organiza o II Festival da Maía no que as diferentes manifestacións musicais galegas teñen cabida.

Terá lugar o vindeiro sábado 6 marzo na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 20h.

Nesta segunda edición contan con:
- Orballo da Ría
- Asociación cultural "Follas Novas", de Ames
- Os Tirabeques, da Estrada (que se estrean ese día)
- Os Alegres, de Pontevedra
- Banda de gaitas "O Pedrón", de Padrón
- As Pandereteiras "Val da Maía"


A A.C. Trepia convoca da Anha Urbana 2010, que terá lugar en Pontevedra o 24 de Abril. Este ano a convocatória é aberta a calquer agrupación ou entidade que desexe participar coa fin de acadar o maior número de participantes posíbel nas seguintes modalidades:

-Participación individual: calquera se pode inscribir nos obradoiros que terán lugar durante os meses de marzo e abril (inscricións e información en trepja@gmail.com)

-Participación colectiva: calquera agrupación que se anime a participar tocando e/ou bailando as suas añas polas prazas da cidade (info e inscricións en trepja@gmail.com ou no Facebook de trépia)

-Adhesión à iniciativa: Agrupacións ou colectivos que, non podendo participar de facto no evento, desexen adherir-se à iniciativa en sinal de apoio. Estes participantes enviarán os seus logótipos a trepja@gmail.com para seren impresos nas publicidades do evento (carteis, panfletos, etc.) de xeito gratuito.

www.trepia.org


A A.C.F. "O Fiadeiro" ten o pracer de convidarvos ao "I serán de entroido" que se celebrará o domingo 14 de Febreiro de 19.00 a 22.30 horas na Praza da Constitución de Vigo coa colaboración da "AVC Casco Vello" e financiado pola "Concellaría de Cultura do Concello de Vigo".

Contan con todos os que se queiran achega para gozar da música tradicional da nosa terra e botar uns bailes nunha das prazas máis emblemáticas da cidade, no pleno corazón da zona vella de Vigo.

Por motivos de temporización, o cartel estará pechado, con intervencións de agrupacións de renome de diversos puntos de Galicia, artistas emblemáticos e grupos das aldeas iniciadoras da tradición dos seráns e que aínda, a día de hoxe, conservan intacta a maxia destas festas. As agrupacións que actuarán serán:

- Grupo de gaitas da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
- Pandeireteiros a A.C. Cantigas e Agarimos (Santiago)
- Pandeireteiras da A.X. Xiradela (Arteixo)
- Pandeireteiras de Toutón (Mondariz)
- Pandeireireteiras da Hermida (Pazos de Borbén)
- José Fernández (o ghaiteiriño de Aldán)
- Grupos da A.V.C. Casco Vello (Vigo)
- Grupos da A.F.C. O Fiadeiro (Vigo)

A presentación dos grupos será levada por Aleixandre Carro (coñecido pola súa participación na serie “Padre Casares”) quen, como marca
a tradición do entroido, aproveitará o fío da presentación para facer sátira dos feitos máis salientables do pasado ano.

A ACF O Fiadeiro anímavos a que vaiades disfrazados, a que vibredes coa música, a que vos divirtades co baile e a que probedes os postres típicos do entroido como a orella e as filloas, que servirán gratuitamente.





O vindeiro luns 15 de febreiro celebrarase o entroido no Fórum Metropolitano da Coruña cunha gran foliada que comenzará ás 20 h. presentada por Xurxo Souto.

Primeiro actuarán os seguintes grupos:


-OS GAITEIRIÑOS
-GRILEIROS
-QUEIROA
-ASOCIACIÓN CULTURAL DONAIRE
-CÁNTIGAS DA TERRA
-ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS
-MAGHÚA


A continuación abrirase a sesión para quen queira participar. A entrada é de balde ata completar o aforo.



O 29 de Xaneiro de 2010 terá lugar a 30ª Foliada das Pontes.

Comezamos o 2010 para celebrar a Foliada número 30. En marzo fai 4 anos que se iniciou este proxecto que da cabida a música Tradicional da nosa terra.

Será a Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de As Pontes quen inaugure o ano 2010, a formación mais numerosa que se sube ao esceario do Lar.

A Escola está formada por xente de todas as idades, dende os cinco anos ata os setenta e moitos.

Esta Escola empezou a sua andaina a finais dos oitenta, e xa conta con mais de vinte de existencia, por aquí pasou moita xente que hoxe forman outros grupos da Vila, tamén mestres con gran carisma como Ramón O "Municipal".

Ata o ano pasado tiñan adquiridos uns compromisos anuais que cumprian desinteresadamente participando no Festival Folclórico Internacional, pasarrúas do Carme, Feiras do Grelo e dos Cogumelos, Cabalgata de Reis e na Procesión do Carme.
Agora por problemas alleos ás persoas compoñentes, non participan en ningun acto organizado polo Concello.

A continuación o prato forte da xornada, veñen de varias zonas de Galiza ainda que a sua sede está en Lugo, na Tradescola, e éles forman a Escola Luguesa de Zanfona e Canto, xente moi coñecida nas suas filas, alguns deles asiduos das Foliadas Pontesas, e comandados polo "Zar" da música Tradicional Galega, Luis "Caruncho" e tamén patrocinada pola AGG (Asociacion Galega de Gaiteiros).





O vindeiro venres 29 de xaneiro terá lugar a 16.ª Noite de tasca en Deixebre (Oroso).



A partir das 22:00 horas no hotel "Os Carballos" [estrada N-550, km 44] daranse cita "A Gaita de Sarandón", requinteiros da Ulla, cos míticos Pepe de Nande e Marcelino de Muiñeiro, depositarios e xenuinos transmisores da tradición do tocar da requinta na Ulla e despois...



FOLIADA!!!


ACHÉGATE A TOCAR!!!!




"A gaita vai á igrexa" é un recital de gaita e órgano de tubos que terá lugar o vindeiro luns 18 de xaneiro ás 20.30 horas na cidade de Lugo na igrexa de Santiago A Nova. Servirá para inaugurar unha nova edición do ciclo de música clásica "Músicas a carón dá Mosqueira". O concerto ofrecerano dous recoñecidos compositores e intérpretes galegos como son o gaiteiro Suso Vaamonde e o organista e multiinstrumentista Ernesto Campos, que a través deste recital recuperan espazos de incalculable valor cultural levando a música tradicional a auditorios tan singulares como as igrexas, as abadías ou as catedrais.

Entre as pezas que compoñen ou repertorio que ofrecerán Vaamonde e Campos figura a Anterga Alborada de Ourense, a Marcha procesional de Pontevedra, a Muiñeira de Pontesampaio ou a Marcha do San Martiño.

Despois da actuación do vindeiro luns, o programa de concertos continuará o 22 de febreiro co trío de corda D'Anches; o 1 de marzo terá lugar un recital de guitarra clásica con Juan Ignacio Rueda ; o 12 de abril o cuarteto Albeniz ofrecerá un concerto de corda; o 10 de xuño actuará a orquestra Rogelio Groba; e para rematar, o 13 de decembro, terá lugar a presentación do novo disco da coral Só Voces, un traballo que estará dedicado integramente á cidade de Lugo, facendo unha panorámica dá música vocal composta na provincia nos dous últimos séculos.

Todos lestes concertos celebraranse na sede dá Fundación Caixa Galicia e non Salón Rexio do Círculo dás Artes da cidade Lucense.


O vindeiro sábado 5 de Decembro Os Alegres celebran o seu setenta aniversario cun festival. O evento terá lugar ás 20,00 horas no Teatro Principal de Pontevedra e nel participarán diferentes grupos con reputada tradición na Comarca do Lérez: Picuíña, Os Chichisos, Foula, Os do Luns, Os abrentes de Cerdedo, Os Terribles de Arousa, Os Murgueiros da Xistra, Val da Maía e, por suposto, Os Alegres.









Este ano o III Encontro Folclórico Frouma celebrarase o día 14 de novembro as 19:00 h, nas Torres de Santa Cruz de Liáns (Oleiros), presentado por Francisco Moris Vázquez (Compoñente e director do grupo Frouma) co seguinte programa:

Queiroa de Sada

Os Rueiriños de Nós-Oleiros

Frouma de Oleiros





Despois do éxito acadado pola Mostra de PCI organizada o ano pasado na cidade das Burgas, e coa intención de visibilizar de novo este patrimonio e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, a Asociación de Gaiteiros Galegos o Concello de Ourense e todos os parceiros do proxecto Ronsel organizan e patrocinan esta Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial na cidade de Ourense. Esta mostra pretende reflectir a diversidade patrimonial inmaterial poñendo ao alcance de todos e todas unhas representacións da súa riqueza, amosando como os coñecementos tradicionais se poden adaptar e vivir na sociedade actual, e como poden xerar expresións de alto valor estético, funcional e económico.

Estas expresións, á marxe dos procesos globalizadores e uniformizantes, unha vez estudadas, postas en valor, reelaboradas e difundidas, reactivaranse para contribuír a un diálogo eficaz coas demais sociedades modernas, desde as nosas interpretacións particulares e diferenciais. Esta mostra ten como fío condutor os valores do propio patrimonio cultural inmaterial. Entre os moitos que se poderían destacar escollemos reciclaxe, comunidade, utilidade e contacto. Deste xeito, na Praza Maior de Ourense acharán unha caseta especificamente dedicada a cada un destes valores onde se mesturan e interaccionan, de xeito indisoluble, os cinco ámbitos do PCI. Nesta Mostra do PCI acharán tamén exposicións, debates, producións audiovisuais realizadas polo proxecto Ronsel e por outros axentes culturais interesados na salvagarda do PCI así como a degustación de produtos ecolóxicos. Os máis cativos terán oportunidade de practicar na construción de simples instrumentos musicais e, por suposto, asistir aos concertos didácticos de Pablo Carpintero que con certeza os deixará abraiados.

Polas noites, ás 20.00 remataremos a xornada cunha actuación musical de grupos musicais de recoñecido prestixio no que agardamos contar coa vosa presenza: Coanhadeira (martes), Tinta Femia (mércores), Leilía (venres) ou os Carunchos (sábado) constitúen distintas formas de entender e facer chegar a nosa música tradicional.

Pódese consultar o programa da mostra aquí.


(1) 2 3 4 ... 7 »
Menú principal
Mini calendario
Més pasadoSet 2010Més seguinte
Lu Ma Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Hoxe
Eventos para hoxe
Sen eventos
Eventos por vir
Sen eventos