Benvido ao Portal da AGG!

Login
Nome:

Seña:


Esqueceu a seña?

Procura
Tradescola

Aturuxos

Publicacións da AGG

Novidades discográficas


LINHO DO CUCO
Linho do Cuco 3



A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Sarria. Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

O vindeiro día 16 de Xuño en horario de mañán, terán lugar 2 concertos didácticos de música tradicional na Casa da Cultura de Sarria, dirixidos á poboación en idade escolar dos distintos centros da vila, e nos que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Nos concertos amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Este concerto didáctico estará guiado por tres mestres da Tradescola, Bruno Villamor, Emilio Mesías e Luis Correa “O Caruncho”.

Posteriormente, o domingo 20 de Xuño, o Local social Os Breogáns acollerá durante todo a día un curso de técnicas de canto tradicional, que estará guiado polas profesoras da Tradescola, Montse Rivera e Begoña Lorenzo.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com




Os vindeiros 18,19 e 20 de Xullo terán lugar en Ferrol os Cursos Folk.

Entre as disciplinas que atoparemos están o violón, pandeireta, bodhran, gaita e percusión tradicional entre outras.

Para máis info: cursosfolkferrolterra@gmail.com

http://www.facebook.com/#!/pages/CURSOS-FOLKFERROLTERRA/119156911446713?ref












O vindeiro domingo 30 de maio Luis Peixoto, ofrece un curso sobre corda pulsada aplicada a dous dos instrumentos máis carismáticos do país veciño, de grande trandición en pulso e púa. Son dous cursos onde se presentará a técnica básica, afinación, colocación de acordes, repertorio,... para calquera nivel: básico e avanzado.
É posíbel adquirir o instrumento para o curso (90 € max. o cavaquinho, 130 € max. o bandolim) desde Portugal que traerá o propio mestre. Avisar canto antes.
Inscricións en info@folque.com ou no +34 881 031 829





A Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo de inscrición para as II Xornadas de Baile Tradicional que se celebrarán o sábado 22 de Maio no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Santiago de Compostela (Virxe de Fátima, s/n). Estas xornadas naceron fai un ano coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas en primeiro termo para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.
PROGRAMA
MAÑÁ
10:00 h – Recepción dos participantes e presentación das Xornadas.
10:15 h - PRESENTACIÓN DE PUBLICACIÓNS: “ Así fan os Bailadores” Xabier Iglesias - “Bailaben” Edith Cotilla e Gustavo Couto.
11:15 h - 1º OBRADOIRO: Xabier Iglesias, “ Xogos tradicionais bailados”.
12:30 h - 2º OBRADOIRO: Luis Prego. “Muiñeiras”

TARDE
16:00 h - MESA REDONDA: “Situación actual e futuro do baile tradicional en Galicia” .Serxio Cobos, Luis Prego, Gustavo Couto. Moderador: Pablo Díaz.
17:15 h - 3º OBRADOIRO: Serxio Cobos. “Xotas”
18:30 h - DESCANSO
19:00 h - 4º OBRADOIRO: Pablo Díaz: “Os bailes agarrados”.
20:15 h - CONCLUSIÓNS E PECHE DAS XORNADAS.
21:30 SERÁN: Festa aberta a todos e todas as participantes nas xornadas e outros convidados para tocar e bailar.

Para asistir a estas xornadas, é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 20 de maio a través dos teléfonos 986 847074 / 982 229966 ou a través de secretaria@gaiteirosgalegos.com

A inscrición é gratuita para socios da AGG e ten un custo de 10 € para os non asociados.

Forma de pago para non socios: Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no número de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto Xornadas de baile tradicional 22 de maio 2010 e o nome completo da persoa.


Grande éxito do seminario de percusión para o canto tradicional que a Asociación de Gaiteiros Galegos realizou en Melide.

O Seminario de Percusión para o canto Tradicional levouse a cabo dentro da programación de actividades da Foliada de Melide, onde a Asociación de Gaiteiros Galegos estivo presente durante a fin de semana cun posto informativo e de venda de publicacións.
O 24 de Abril tivo lugar no Edificio Multiusos de Melide a I Edición do Seminario de percusión para o canto tradicional. Unha actividade a través da cal a Asociación de Gaiteiros Galegos pretende poñer en valor e afondar neste aspecto da nosa música.
As 11.00 horas iniciou a xornada Pablo Carpintero, que ante un numeroso público foi o encargado de ofrecer un relatorio sobre a historia e a iconografía dos instrumentos tradicionais galegos, e sobre a tradición musicada que foi transmitida polas mulleres de xeración en xeración.
A parte práctica tivo lugar ás 17:00 horas, nesta parte do Seminario os asistentes pudieron poñer en práctica os coñecementos adquiridos no relatorio da mañá. A encargada de realizar esta sesión práctica foi Marita Guiadáns , que ofreceu un obradoiro de instrumentos de percusión para o canto. Da man de Marita Guiadáns os numerosos asistentes aprenderon distintos xeitos de tocar instrumentos de percusión tradicional usados como acompañamento do canto como son pandeiretas.
O obxectivo de estas xornadas é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional, e intentar acercar a cultura tradicional galega a toda a poboación.


Un dos músicos máis importantes da música comercialmente coñecida como "celta", o bretón Patrick Molard, ofrecerá unha aula maxistral con el sobre o "Pìobaireachd", xénero propio das Terras Altas de Escocia, considerado como a música "culta" escocesa para cornamusa e que foi conservado por tradición oral, da que Patrick Molard está considerado coma un dos mellores intérpretes no xénero sobre o que acaba de editar un CD.

Haberá un pequeno concerto final exclusivo para os asistentes.

Será o xoves 22 abril, 16 a 20.30 h cun prezo: 35 € en Santigo de Compostela.

Esta é unha sesión orientada non só para os gaiteiros máis experimentados senón tamén para calquera músico interesado nos xéneros máis representativos das músicas patrimoniais europeas.

Para inscricións ou máis información en info@folque.com ou no teléfono
+34 881 031 829

www.folque.com


Berrobambán propón para esta primavera un novo programa de formación. A compañía achega novas propostas de formación para esta primavera: repítense os cursos de Técnica vocal con Ramón Bermejo e Expresión corporal David Loira, logo do éxito que tiveron no outono, e ofértanse tres novos cursos de Narración oral, con Quico Cadaval, Cándido Pazó e Soledad Felloza. Amais dunha nova edición dos dous cursos regulares para traballar a voz e o corpo, hai programados tres novos intensivos con algúns dos mellores contacontos do país: se na anterior edición destes monográficos estiveran a cargo de Paula Carballeira, Celso Fernández Sanmartín e José Campanari, desta volta serán con Soledad Felloza, Quico Cadaval e Cándido Pazó.
Cada un deles ten 8 prazas como mínimo e 12 como máximo, e custa 60 euros, mais de matricularse nos tres, o prezo total é de 150. Son en venres e sábado de 16.30 a 20.30, e os sábados tamén de 10.00 a 14.00 da mañá.
www.folque.com


Organizan:
EMT- Escola de música tradicional de Ourense,
Asociación Ourensá de folclore tradicional - Gomes Mouro.
• Mestre: Xosé Miguélez

Niveis e duración dos cursos:
Medio, 4 sesións de 4 horas de duración
Avanzado, 4 sesións de 4 horas de duración

Datas :
Nivel medio: 10/04, 24/04, 08/05, 15/05/2010
Nivel avanzado: 29/05, 05/06, 12/06, 19/06/2010

Horario e lugar de celebración:
09:30 a 14:00 sábados (descanso entre as 11:30 e 12:00) no local da EMT, Tras Barrocas, 9 baixo, Ourense.

Plazas ofertadas:
Nivel medio: 12 alumnos activos e 15 oíntes
Nivel avanzado: 10 alumnos activos e 15 oíntes.



Prezo e matrícula:
Nivel medio: alumnos activos 25€ (prezo para alumnos da
EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) 50€ alumnos externos. Alumnos oÍntes
10€ (prezo para alumnos da EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) alumnos oÍntes
externos 40€.
Nivel avanzado: alumnos activos 25€ (prezo para alumnos da
EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) 60€ alumnos externos. Alumnos ouvintes
10€ (prezo para alumnos da EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) alumnos ouvintes
externos 50€.

A reserva de praza e calquera consulta en referencia aos cursos realizarase
nos teléfonos 654173524/627511770 ou a través do enderezo electrónico gabelairas@yahoo.es , despois da confirmación da plaza cos responsables da AOFT o pagamento farase medianteingreso/transferencia no número de conta da AOFT:

Nº de Conta: 2091 0400 84 3040038100
Entidad:Caixa Galicia

no concepto do ingreso/transferencia deberá figurar o texto “cursos gaita galega 2010 AOFT”, no primeiro día do curso amosarase o xustificante bancario do ingreso/transferencia.

Recoméndase traer, como mínimo, unha gaita galega afinada en do, palletas, pallóns e material para a súa manipulación así como un caderno de música e un pendrive cunha capacidade mínima de 1gb.
Parte das sesións pode ser gravada en audio/video para o seu análise crítico por parte do mestre, en ningún caso se reproducirá publicamente en ningún medio nin soporte sen consentimento do alumno/a.

Máis info: www.xlmiguelez.com
http://aoftou.spaces.live.com/


O Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol organiza este curso de danza, que terá lugar o sábado 10 de abril de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas e o domingo 11 de abril de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

O orazo de inscrición permanecerá aberto ata o martes 6 de abril, inclusive. As prazas son limitadas: máximo 24 alumnos activos, os alumnos aceptaranse por rigoroso orden de recepción dos boletíns de inscrición.

Para descargar o programa e a folla de inscripción prema aqui.



A Asociación Cultural Cántigas e Frores abre o prazo para a inscrición no XXVIII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL que terá lugar os días 1, 2 e 3 de abril de 2010 na cidade de Lugo.

O curso contará cos seguintes mestres:

Técnicas de Baile Tradicional - Manuel Cobas Paredes
Técnicas de Percusión Tradicional - Francisco Estévez González (Chuco)
Técnicas de Gaita - Pepe Vaamonde Manteiga
Técnicas de Canto Tradicional - Begoña Lorenzo
Técnicas de Zanfona - Ivan Costa Blanco


· Lugar: LOCAL SOCIAL DE CÁNTIGAS E FRORES. Nave de Asociacións, Local 10. Parque da Milagrosa. Avda. A Coruña S/N


· Especialidades:
1. Técnicas de gaita, 2. Técnicas de canto e pandeireta, 3. Técnicas de percusión tradicional, 4. Técnicas de baile tradicional, 5. Técnicas de zanfona. Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.

· Inscricións: Os datos requiridos nas inscricións son os seguintes:
Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico (se ten), código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse. As inscricións pódense enviar a:

APARTADO DE CORREOS 344 - 27080 LUGO.
FAX: 982 229966.
E-mail: inscricions@cantigasefrores.com
(Compre axuntar xustificante de pagamento)

· Prazo: Rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.

· Prezo de matrícula: 30 € (xeral); 20 € (socios/as da Asoc. Cultural “Cantigas e Frores” e da Asociación de Gaiteiros Galegos).
Ingreso na conta: 2091 0152 29 3040026419

· Programa previsto.

DÍA 1 Xoves:
09:00 A 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso.
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 2 Venres:
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 3 Sábado:
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:30 Clase práctica
19:00 Acto de clausura e entrega de diplomas.

· Organiza:
- Asociación Cultural “Cántigas e Frores” de Lugo.

· Patrocinan:
- Área de Cultura, vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo.

· Colaboran:
- Excmo. Concello de Lugo.
- Asociación de Gaiteiros Galegos.



A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, realizou os días 8 e 14 de Marzo, unhas xornadas didácticas en Vilalba adicadas a música tradicional. Estas xornadas, estiveron guiadas polos profesores da Tradescola, Xerardo Quintela, Bruno Villamor e Pedro Lamas.
As xornadas, que se iniciaron o luns no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba cun concerto didáctico adicado a escolares, continuaron o día 14 con un curso de Acordeón impartido por Xerardo Quintela e no que os asistentes puideron aprender exercicios de técnica como articulacións, saltos e acompañamento, exercicios técnicos para o dominio e control do fol, intensidade do mesmo, fraseo, etc. Todos estos recursos e coñecementos foron aplicados en pezas do repertorio tradicional galego preparadas para o curso.

A súa finalización todos os asistentes ao mesmo interpretaron varias pezas tradicionais en conxunto.

Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos pensamos que este tipo de xornadas , que están orientadas aos alumnos, profesorado e persoas interesadas na música tradicional en xeral, favorecen a difusión e promoción da cultura tradicional e axudan a incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade actual.




A Asociación Cultural Abelladeira organiza as “Segundas Xornadas de Música Tradicional” que terán lugar os días 31 de marzo, 1, 2 e 3 de abril de 2010 en Ponferrada (O Bierzo).

Celebraranse 7 obradoiros:
Canto e pandeireta: Montse Rivera
Gaita galega: Dani Bellón
Baile tradicional galego: Calixto Albán Laxe (Tito) Percusión tradicional: Lola Fernández e Miguel Fraguas
Rabel: Xuacu Amieva
Afinación e empalletado: Amado Cubero
Chifla e tamboril: Diego Segura Taboada

Ademáis dos obradoiros das Xornadas, celebraranse catro días de concertos, actuando Brandal, a Banda de Gaitas da Escola Municipal de As Pontes, Galundum Galundaina, o Grupo de Danzas e Gaitas "El Castro" de Columbrianos, Os Roncos do Diabo, a Banda de Gaitas Abelladeira, o Cuarteto de Profesores Dani Bellón, Lola Fernández, Miguel Fraguas e Edelmiro Fernández e Os Carunchos.

Por otra banda, celebraráse unha exposición de artesanos e luthiers de instrumentos tradicionais participando X. Miguel Mosquera, Xosé Vazquez "Che", Diego Segura Taboaba, Cristóbal Prieto Otero, Miguel Blanco Álvarez, Fernando Sancho e Angel Pueyo , José Luís Reñón, Pablo Meiriño, Alex Meiriño, Xaime Rivas Dacosta, Victor Felix, Mario Estanislau e Paulo Prieto.

Ademáis as Xornadas presentará a exposición de instrumentos medievais e tradicioais do Obradoiro de instrumentos populares da Deputación de Ourense.

Máis información en:
http://jornadasmusicatradicional.blogspot.com/


Son estes os últimos días para apuntarrse ao curso de baile galego dentro dos monográficos 2010 de aCentral Folque. Baixo o título "Repertorio, recursos e didáctica do baile galego", este é un curso práctico orientado a docentes para adquirir novas ferramentas pedagóxicas. Ademais sirve para calquera persoa interesada que queira ter unha idea xeral do baile galego e coñecer os fundamentos de aprendizaxe. Impartido por Xabier Iglesias e Juan Parga os vindeiros 12 e 13 de marzo e un prezo de 60 € e 8 horas lectivas.

www.folque.com


Os vindeiros dias 19, 20 ,21 de marzo tera lugar un curso intensivo de musica tradicional galega , dirixido a todo tipo de persoas.

O Obxetivo do Curso é mostrar unha visión completa da nosa música tradicional, participando e disfrutando todos os alumnos dunha visión xeral do folclore galego.

O Curso terá tres apartados ou especialidades:

1º Aulas de gaita
2º Aulas de pandeireta e canto tradicional
3º Obradoiros de baile.

1º- gaita galega: Realizaranse tecnicas específicas sobre o
instrumento coa finalidade de mellora individual e de motaxe dun repertorio común.
Afondarase no distinto repertorio da xeografía galega,

2º- pandereta e canto tradicional: diferentes tipos de ritmos e toques das distintas bisbarras, con montaxe de pezas

3º- baile: Obradoiro sobre Estratexias no baile tradicional galego. Métodos para o entendemento da dinámica do baile tradicional galego e a súa didáctica.
Montaxe de bailes das distintas zonas de Galicia.

Ao remate de cada día faráse unha foliada conxunta de todas as especialidades.

INFORMACIÓN XERAL

Número de horas de formación: 12
Idade: sen limite
profesor de gaita : Felipe Rea
Pandereta e baile : Inés Tilve Villanueva
HORARIO
Venres 19,20,21 de marzo:

17:00-19:00

descanso

19:00-21:00
lugar de celebración:
centro gallego (Villalba ) Madrid

tlfno de contacto : 667942508 – 689239873
bandadegaitasvillalbamadrid@hotmail.com

si estás, ou eres de Madrid ou proximidades, non perdas a ocasión ¡apúntate!





Os días 26 e 27 deste mes, de 17:30 a 19:00, celebrarase un obradoiro de Berimbao co mestre "Boca do Rio" (mestre de Capoeira Angola).

Contidos para iniciación e avanzado.

Prezo do obradoiro completo: 20€
Prezo para alumnos da "Escola Prucupá": 10€
Lugar: Gentalha do Pichel - Santiago de Compostela

Teléfono de contacto: 615 91 41 61
e-mail: info@tropicodegrelos.com





(1) 2 3 4 ... 8 »
Menú principal
Mini calendario
Més pasadoSet 2010Més seguinte
Lu Ma Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Hoxe
Eventos para hoxe
Sen eventos
Eventos por vir
Sen eventos