Benvido ao Portal da AGG!

Login
Nome:

Seña:


Esqueceu a seña?

Procura
Tradescola

Aturuxos

Publicacións da AGG

Novidades discográficas


LINHO DO CUCO
Linho do Cuco 3



Rubén González López, gaiteiro e fabricante de palletas de O Incio, será homenaxeado o vindeiro 9 de maio na cidade de Lugo.

Esta homenaxe, que está organizada pola Asociación Cultural Cántigas e Frores, contará coas actuacións da Banda de Gaitas de "Cántigas e Frores", os gaiteiros Bruno Villamor, Juan Parga, Pepe Vaamonde e Gaiteiros do Incio.

O acto terá lugar no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo o día 9 de Maio ás 20.00 Horas.

Rubén González dedicase dende fai 40 anos á fabricación de palletas, moitas das cales foron exportadas a outros países. O seu traballo a favor da música tradicional valeulle varios premios, como o ‘Constatino Bellón, Gaita de Ouro’.

Rubén González foi ferreiro, zoqueiro, traballador en Magnesitas durante 24 anos e mesmo enterrador, e compaxinou todos estes traballos coa defensa permanente da cultura galega.

Foi neto dun membro da banda de Noceda (O Incio) de principios do século XIX, e iniciouse moi novo no mundo da música. Foi gaiteiro en Entrimo (Ourense), en Noceda e co grupo ‘Os Agarimos’.

A día de hoxe non renuncia a seguir tocando e preparando as mesmas palletas que alcanzaron sona mundial.


O próximao Xoves 6 de maio temos o último serán da Sala Nasa antes do descanso do verán.

Continuamos coa novidade deste ano, "Obradoiro de iniciación ós seráns" que se desenvolverá a partir das 21:30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile. Impartido nesta ocasión por Manuel Cebeiro.

E para os demáis bailadores e bailadoras eapallados por Galicia adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa ás 22:15h.

Os grupos que van poñer música son:
- Os Republicanos
- Alvariza
- A Arreixeira

E TI POS O BAILE!!

Patrocinado pola Concellería de Cultura de SAntiago de Compostela



Mañá mércores 5 de maio de 2010 ás 20.00 h terá lugar, no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, o acto de presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega" de Pablo Carpintero Arias con deseños de Xoán Ramón Marín Martínez editado por Difusora de Letras Artes e Ideas no marco das iniciativas desenvolvidas polo proxecto Ronsel. Esta obra vén de recibir o premio Antón Losada Diéguez na modalidade de investigación e ensaio.

Ademais, poderemos gozar cun breve concerto didáctico do autor, Pablo Carpintero quen dedicará arredor de 30 minutos a explicar a orixe e a evolución da gaita de fol en Galicia. Poderemos escoitar algunhas gaitas sen fol como os clarinetes sinxelos e duplos, empregados polos nenos no camiño de aprendizaxe cara á gaita de fol, uns instrumentos moi semellantes aos empregados no antigo exipto. Tamén poderemos escoitar o son dos óboes duplos similares ás tibias romanas e aulòs gregos. Dentro xa das gaitas de fol, Carpintero fará soar instrumentos de lingüeta sinxela como as gaitas de cana e sabugueiro ou a rosca do Baixo Miño. En canto ás gaitas de fol propiamente ditas, escoitaremos varios instrumentos antigos, de morfoloxías diferentes en canto ao número de bordóns, procedentes de varias zonas de Galicia e tamén poderemos escoitar a reprodución, feita polo autor, dunha das gaitas de Perfecto Feijoo conservadas no Museo de Pontevedra.




Concerto na Sala Capitol en Compostela, cos grupos:

-A Requinta da Laxeira

-Tanto Nos Ten

-Quempallou

Data: Martes 4 de Maio - 21.00 Horas.

Entradas: 8€ anticipada e 10€ en taquilla.

Venta de entradas en : Casa das Crechas, Discos Gong, A Reixa, O Calpe.

Tamén se poden mercar entradas, poñéndose en contácto con algún dos grupos participantes no concerto.



Este ano a Asociación Cultural Donaire cumpre 10 anos e con motivo do seu aniversario vai realizar unha serie de actos.

O primeiro destes actos vai ser un festival infantil de música e baile tradicional.

Este festival vaise chámase O Berce de Donaire e contará coa participación das seguintes asociacións:

A.C. Donaire (A Coruña)
A.C. Xacarandaina (A Coruña)
A.X. Xiradela (Arteixo)
A.F. O Arco da Vella (San Miguel de Reinante)

Este festival vaise celebrar o próximo domingo día 9 de maio no auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña ás 17:30.

Venta de entradas:

Taquilla central, Praza de Ourense: de luns a Venres de 9.30 a 13 y de 16.30 a 19.30 h.
Taquilla Forum: A Partires dunha hora antes ó concerto
Televenta: 902 504 500
Venda electrónica: https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php






Matamá Ensemble é unha formación que aposta pola actualidade e contemporáneidade da música tradicional galega dende unha óptica actual.

Arranxos modernos que escorregan por riba das melodías e clichés coñecidos por todos, unha proposta que evita a indiferencia.

Matamá Ensemble fórmano: Lucía Comesaña (zanfona electroacústica), Noa Vidal (percusións), David Bellas ( saxo soprano), e Xián Herrera (gaita de fol)

Presentan o seu espectáculo na taberna Rianxeira en Matamá (Vigo) hoxe, venres 30, ás 23:00.


Recibirán o premio o vindeiro 13 de xuño nun acto previsto no pazo da familia Losada, en Moldes (Borborás).

O xurado da vixésimo quinta edición do premio Antón Losada Diéguez decidiu outorgar os galardóns a Pablo Carpintero Arias, no eido de investigación e ensaio, e a Domingo Villar, en creación literaria.

O primeiro resulta premiado polo seu traballo “Os instrumentos musicais na tradición galega”, unha obra da que o xurado destacou “a súa singularidade ao recuperar un mundo que se está a perder e que abarca todo o dominio lingüístico do galego” e que “é unha contribución singular para salvagardar o noso patrimonio material e inmaterial”, que resulta “amena e adsequíbel para todo tipo de públicos”.

No caso de Domingo Villar, a premiada é a súa novela “A praia dos afogados”. O fallo destaca “a súa excelente construción narrativa, que desenvolve unha trama chea de ritmo que atrapa o lector”, así como “a solidez dos personaxes, en particular do inspector Leo Caldas”. Asemade, subliña a gran capacidade do autor para atraer novos públicos á literatura en galego.

Os gañadores recibirán cada un seis mil euros e un diploma, nun acto que se celebrará o vindeiro sábado 14 de xuño no pazo da familia Losada, en Moldes (Borborás).

www.vieiros.com


Poñémonos en contacto con vos para convocar o XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina.

Este ano terá lugar o domingo 6 de Xuño, adiantamos a data e a diferencia doutros anos, este ano celebrarémolo pola tarde. Será no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

No caso de dúbidas, as resolveremos por e-mail info@xacarandaina.com ou por vía telefónica 981 277 315.

BASES DO XXXI CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL

Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
6 de xuño 2010

1. Neste concurso poden participar grupos de asociacións folclóricas, recreativas, culturais, de veciños, centros parroquiais, etc.

2. Os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).

3. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

4. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o
límite da categoría en máis de dous anos.

A: ata os 8 anos inclusive.
B: de 9 a 12 anos inclusive.
C: de 13 a 16 anos inclusive.
D: de 17 anos en adiante.

5. Cada grupo terá que levar o seu acompañamento musical: gaiteiros, pandeireteiras... que deberá
estar presente no escenario, vestindo o traxe tradicional.

6. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda ese tempo quedará descualificado.

7. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E., pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente. De darse o caso que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización.

8. En cada unha das categorías serán concedidos os seguintes premios:
1º premio: trofeo e 350 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo.

9. O xurado estará composto por persoas alleas a A. C. Xacarandaina. O xurado terá a liberdade de
esixir o D.N.I. ou libro de familia, así como establecer premios desertos se así o considera
oportuno.

10. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza.
- Dificultade técnica.
- Calidade na execución.

11. O concurso terá lugar o domingo 6 de xuño POLA TARDE, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ,sito na rúa Rego de Auga. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.

12. A participación neste concurso implica a aceptación das bases xa expostas.

13. O prazo de inscrición remata o día 22 de maio, debendo enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición por:
- CORREO ORDINARIO AO LOCAL SOCIAL:
A. C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
- EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS.

NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.
A A. C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315
info@xacarandaina.com





Monográfico de Ernesto Campos en Pontevedra

O vindeiro 29 de abril terá lugar en Pontevedra o concerto monográfico "Ernesto Campos", a cargo da Banda de Música de Pontevedra, que estará dirixida por Xosé Luís Represas.

Este concerto realizarase no Pazo de Cultura de Pontevedra ás 21.00 horas, e contará coas seguintes colaboracións:

Xosé Manuel López (Josele)

O grupo Crema de Gaita

Abraham Fernández

Xosé M. Oliveira (presentación)

www.bandamusicapontevedra.org


Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos queremos facer pública a nosa preocupación pola diminución da presenza da música tradicional nos medios de comunicación púbilcos.

Lamentamos os esforzos que se están a producir por parte do goberno para eliminar os programas relacionados coa cultura tradicional das súas canles habituais; un exemplo é o troco de horario do programa Alalá (TVG), que pasa a ser emitido os xoves ás 23.00 horas, e anteriormente o troco de emisora do programa Lume na Palleira, que emitía a Radio Galega. Os dous programas teñen como protagonistas a persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

A música tradicional forma parte da identidade dun pobo, identidade que se debe resgardar, e con actuacións como as que se están a promover dende os medios públicos galegos, fan que o noso patrimonio cultural, que forma parte de todos os galegos e as galegas, desapareza.

Tanto a televisión como a radio pública galega deberían apostar por manter espazos nos que a música tradicional teña unha presenza significada.


Un ano máis, a Asociación Sociocultural Coto Manguelo de Orazo, A Estrada, organizan este Festival de primavera . A música tradicional en todas as súas expresións é a protagonista .

Este ano 15 grupos farannos desfrutar dende primeira hora da mañá ata o amencer. Coma todos os anos haberá artesáns, exposición de debuxos, zona de acampada e aparcadoiros gratuíto e o campo estará cuberto cunha gran capa.Haberá tamén polbo, churrasco e bocatas a prezos populares.

Actuacións:
De 17:00 a 18:00h XUNTANZA DOS REGATOS
De 18:15 a 18:30h LILAILA
De 18:30 a 19:15h A CARBALLEIRA DE CERCIO
De 19:15 a 20:05h PETER PUNK
De 20:05 a 20:35h Ó SON DA FERVENZA
De 20:35 a 21:35h CANTIGAS DA TERRA
De 21:35 a 22:05h TRIOLIRO REGUEIFEIROS
De 22:05 a 22:35h CÉ ORQUESTRA PANTASMA
Ás 23:00h Entrega de premios do concurso de debuxo
De 23:00 a 23:20h XUNTANZA DOS REGATOS
De 23:35 a 00:35h REQUINTA DA LAXEIRA
De 00:50 a 01:50h ALVARIZA
De 02:05 a 03:05h KORRONTZI
Ás 03:20 OS TRES TREBÓNS
Durante os tempos mortos animarán OS LARPEIROS, CÉ ORQUESTRA PANTASMA, TRIOLIRO REGUEIFEIROS

Pola maá as charangas BB+ e Antaruxa percorrerán todos os lugares da parroquia .




Matamá Ensemble é unha formación que aposta pola actualidade e contemporáneidade da música tradicional galega dende unha óptica actual.

Arranxos modernos que escorregan porriba das melodías e clichés coñecidos por todos, unha proposta que evita a indiferencia.

Matamá Ensemble fórmano: Lucía Comesaña (zanfona electroacústica), Noa Vidal (percusións), David Bellas ( saxo soprano), e Xián Herrera (gaita de fol)

Presentan o seu espectáculo na taberna Rianxeira en Matamá o vindeiro venres 30 ás 23:00.





Grande éxito do seminario de percusión para o canto tradicional que a Asociación de Gaiteiros Galegos realizou en Melide.

O Seminario de Percusión para o canto Tradicional levouse a cabo dentro da programación de actividades da Foliada de Melide, onde a Asociación de Gaiteiros Galegos estivo presente durante a fin de semana cun posto informativo e de venda de publicacións.
O 24 de Abril tivo lugar no Edificio Multiusos de Melide a I Edición do Seminario de percusión para o canto tradicional. Unha actividade a través da cal a Asociación de Gaiteiros Galegos pretende poñer en valor e afondar neste aspecto da nosa música.
As 11.00 horas iniciou a xornada Pablo Carpintero, que ante un numeroso público foi o encargado de ofrecer un relatorio sobre a historia e a iconografía dos instrumentos tradicionais galegos, e sobre a tradición musicada que foi transmitida polas mulleres de xeración en xeración.
A parte práctica tivo lugar ás 17:00 horas, nesta parte do Seminario os asistentes pudieron poñer en práctica os coñecementos adquiridos no relatorio da mañá. A encargada de realizar esta sesión práctica foi Marita Guiadáns , que ofreceu un obradoiro de instrumentos de percusión para o canto. Da man de Marita Guiadáns os numerosos asistentes aprenderon distintos xeitos de tocar instrumentos de percusión tradicional usados como acompañamento do canto como son pandeiretas.
O obxectivo de estas xornadas é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional, e intentar acercar a cultura tradicional galega a toda a poboación.


O domingo 25 abril terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a gran Gala 'Camiños' a cargo de Brincadeira.

Brincadeira formouse a finais dos anos 70 co obxectivo de conservar e difundir a música e o baile tradicionais galegos. Os primeiros membros de Brincadeira procedían de Coros y Danzas de la Sección Femenina de Santiago de Compostela que naceran en 1942 e desapareceron durante a Transición. O repertorio de Brincadeira baséase nun traballo de campo realizado ao longo de toda a xeografía galega e no que se busca como informantes ás persoas de máis idade que aprenderon da tradición oral. Nas súas actuacións, Brincadeira trata de reproducir o máis fielmente posible as pezas de baile e música recollidas que amosan a variedade e a riqueza da nosa cultura. O mesmo ocorre co vestiario, elaborado con tecidos naturais, seguindo modelos e patróns antigos, e coidando as características específicas de cada comarca.


A Asociación Cultural e Musical O Castelo organiza a VI FOLIADA DE MELIDE os días 24 e 25 de abri. Na que haberá:

SEMINARIO DE PERCUSIÓN PARA CANTO TRADICIONAL:

Seminario de Percusion para Canto tradicional organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos que se celebrará o 24 de abril con Pablo Carpintero e Marita Guiadáns. Deberase enviar o impreso de inscrición, e enviándoo á Rúa Alfonso XIII, 7, oficina 8. 36002 Pontevedra; ou por correo-e a secretaria@gaiteirosgalegos.com.

O prazo de inscrición rematará o día 20 de Abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.

II CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA


O II Concurso de cantos de taberna que se celebrará en Melide o sábado 24 de abril entre as 12:00 h e as 15:00 h.


SERÁN

O mesmo sábado 24 de abril contaremos con 17 grupos para participar no Serán:

1. HERBA GRILEIRA Melide
2. FROITO NOVO Melide
3. AXÓUXERE Melide
4. VAIDARELA Melide
5. ABEANCOS Melide
6. FOL DA CHOUSA Visantoña
7. BINGO BIRÓN Toques
8. A MARISTEL...A Sobrado
9. FIADEIRA Antas de Ulla
10. FALCATRUEIROS Monterroso
11. PANDERETEIRAS Sarria
12. BICO DA BALOUTA Agolada
13. XIRANDOLA Bandeira
14. PAO DE BUXO Silleda
15. D OUTESON Serra de Outes
16. MAGHÚA A Coruña
17. AIRIÑOS GALEGOS Santurtzi

CONCERTOS

O sábado 24 de abril :

-TIRULEQUE
-CÉ ORQUESTRA PANTASMA (home orquestra)

O domingo 25 de abril:

-ARRÁS!

Reservade os días porque a festa está garantizada!!

+ info www.foliadamelide.com


« 1 2 3 (4) 5 6 7 ... 83 »
Menú principal
Mini calendario
Més pasadoSet 2010Més seguinte
Lu Ma Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Hoxe
Eventos para hoxe
Sen eventos
Eventos por vir
Sen eventos