Benvido ao Portal da AGG!

Login
Nome:

Seña:


Esqueceu a seña?

Procura
Tradescola

Aturuxos

Publicacións da AGG

Novidades discográficas


LINHO DO CUCO
Linho do Cuco 3




O Equipo de Normalización Lingüística do Conservatorio Superior de Música de Vigo, en colaboración co dpto. de Instrumentos da música tradicional e popular, organiza a presentación e proxección do documental "Antón Corral - Mestre de mestres -. Vol. 2. O músico", realizado e producido por Xurxo Fernández e Diego Mariño.

O acto celebrarse o día 18 de Maio de 2010 ás 11:30 horas, na aula 16 do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e finalizará cun coloquio aberto no que se contará coa presenza de Antón Corral.













Concerto de “Oscar Ibáñez & Tribo”, domingo 16 de maio ás 20 h no Auditorio de Ribadumia.

“Oscar Ibáñez & Tribo” pretende irmandar musicalmente as culturas atlánticas usando a música galega como fío condutor nunha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora.

As diversas viaxes que Oscar Ibáñez realizou por diferentes puntos da xeografía europea e americana durante os últimos quince anos influíron decisivamente na maneira de definir unha proposta musical cada vez más aberta, a través de la cal nos amosa as afinidades musicais dos dous continentes, nun espectáculo único no que se dan cita tanto a calidade como a variedade.

Oscar Ibáñez inspira a súa iniciativa nas músicas de ida e volta e na temática da emigración galega en América latina, polo que define o seu traballo como música atlántica, o que lle permite ampliar horizontes cara una fusión intercultural sen límites que ten coma resultado un novo e único son.

"Oscar Ibáñez & Tribo " son: Oscar Ibáñez (gaita e frautas), Fernando Fraga (acordeón), Carlos Calviño (guitarras) e Andrés Vilán (percusións).



A partir de hoxe está aberto o período de reserva de prazas na TRADESCOLA, o centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Este centro, situado na cidade de Lugo, é un centro de formación cunha proposta educativa destinada a que o alumnado adquira unha formación integral na música e no baile tradicional.

A TRADESCOLA conta actualmente con 200 alumnos matriculados e con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación.

Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: Bruno Villamor, Emilio Mesias, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Montse Rivera, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

A reserva de prazas na Tradescola permanecerá aberta ata o día 15 de xuño.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4- Lugo), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

Na escola poden inscribirse persoas de tódalas idades (nenos a partir de 7 anos), para niveles de iniciación ou perfeccionamento.




O vindeiro domingo 30 de maio Luis Peixoto, ofrece un curso sobre corda pulsada aplicada a dous dos instrumentos máis carismáticos do país veciño, de grande trandición en pulso e púa. Son dous cursos onde se presentará a técnica básica, afinación, colocación de acordes, repertorio,... para calquera nivel: básico e avanzado.
É posíbel adquirir o instrumento para o curso (90 € max. o cavaquinho, 130 € max. o bandolim) desde Portugal que traerá o propio mestre. Avisar canto antes.
Inscricións en info@folque.com ou no +34 881 031 829






Có gallo da celebración do Día das Letras Galegas, a Orquestra Folk Sondeseu presenta o seu novo traballo “Barlovento” no Pazo da Cultura de Narón.
Día: 17 de maio
Hora :18:00 h.
Lugar :Pazo da Cultura de Narón ( R/ Holanda S/N, urbanización Cidade Europa, Narón)
Prezo: 8 €./5,60 abonados/as / 4 €. Con carnet xove ou de estudante ate 25 anos.


Proposta escénica galega que abrangue a fusión da música tradicional coa electrónica, a danza tradicional e o soporte multimedia (video-creación).

Projecto ['trepia] presenta o seu novo espectáculo " Trépia 1punto3 " o 14 de maio no auditorio de Cangas do Morrazo (Pontevedra).

Presentación Projecto [‘trepia]

A de-construción (non destrucción) da música e a danza tradicional. Trátase do análise en profundidade dos ítems culturais da nosa tradición para a súa posterior reciclaxe. Aplícaselle, por exemplo, aos instrumentos de percusión, un tratamento contemporáneo (o cal non é tan estraño se temos en conta que falamos de música tradicional viva recollida no século XXI).

Os recursos empregados son o sampleo de bases (feitos con tomas acústicas de instrumentos tradicionais ou ben con fragmentos de gravacións do arquivo de recolleitas –inédito, por certo-), a utilización da zanfona electro-acústica como principal instrumento solista, batería electrónica e baixo que reforzan a presenza dos ritmos tradicionais e, como non, voces e percusión en directo.

Benvid@s á nosa visión da música tradicional galega no século XXI: non reciclamos cousas antigas; reciclamos cousas contemporáneas (que ninguén se esqueza).

Dun xeito parello a proposta de projecto [‘trepia] pasa tamén polo emprego do audiovisual nos seus concertos, polo cal a gravación e reedición de vídeos (xa sexan do arquivo de recolleitas ou de nova creación) ten un papel moi importante.

Do mesmo xeito, e volvendo á raíz da música (que é creada por e para o baile), faise indispensable a presenza da danza tradicional. No noso caso, a medias coreográfica, a medias improvisada –como debera sempre ser-.

Lugar: Auditorio de Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Enderezo: Avenida Lugo, 25-27
Hora: 22:30h.
Entrada: 6€ (4€ para nenos menores de 12 anos)


ALALA

Este xoves, 13 de Maio, a partir das 23:00 horas, o programa Alalá da Televisión de Galicia adicará especialmente o seu espazo a falar dun dos grupos máis lendarios da música tradicional galega: Noitarega. Baixo a presentación de Pilar García Rego, o programa repasará a vida e historia do grupo, mesturando interpretacións musicais con fragmentos documentais da vida cotía dos seus membros. Xosé Oliveira, Telmo Costas, Fernando Costas, Manuel Alonso e Xosé María Gutiérrez falarán e repasarán a historia de Noitarega dende os seus comezos, alá polo ano 1989, ata os seus novos proxectos, como a publicación no vindeiro mes de xuño do seu novo traballo discográfico, "XXI", un disco conmemorativo das súas máis de dúas decadas de existencia.

Sen dúbida, unha cita inesquecible para todos os amantes da música tradicional galega.



A Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo de inscrición para as II Xornadas de Baile Tradicional que se celebrarán o sábado 22 de Maio no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Santiago de Compostela (Virxe de Fátima, s/n). Estas xornadas naceron fai un ano coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas en primeiro termo para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.
PROGRAMA
MAÑÁ
10:00 h – Recepción dos participantes e presentación das Xornadas.
10:15 h - PRESENTACIÓN DE PUBLICACIÓNS: “ Así fan os Bailadores” Xabier Iglesias - “Bailaben” Edith Cotilla e Gustavo Couto.
11:15 h - 1º OBRADOIRO: Xabier Iglesias, “ Xogos tradicionais bailados”.
12:30 h - 2º OBRADOIRO: Luis Prego. “Muiñeiras”

TARDE
16:00 h - MESA REDONDA: “Situación actual e futuro do baile tradicional en Galicia” .Serxio Cobos, Luis Prego, Gustavo Couto. Moderador: Pablo Díaz.
17:15 h - 3º OBRADOIRO: Serxio Cobos. “Xotas”
18:30 h - DESCANSO
19:00 h - 4º OBRADOIRO: Pablo Díaz: “Os bailes agarrados”.
20:15 h - CONCLUSIÓNS E PECHE DAS XORNADAS.
21:30 SERÁN: Festa aberta a todos e todas as participantes nas xornadas e outros convidados para tocar e bailar.

Para asistir a estas xornadas, é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 20 de maio a través dos teléfonos 986 847074 / 982 229966 ou a través de secretaria@gaiteirosgalegos.com

A inscrición é gratuita para socios da AGG e ten un custo de 10 € para os non asociados.

Forma de pago para non socios: Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no número de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto Xornadas de baile tradicional 22 de maio 2010 e o nome completo da persoa.


Faleceu o domingo de mañá en Pontevedra o Dr. D. Faustino Santalices Muñiz, fillo de D. Faustino Santalices Pérez, prestixioso etnomusicólogo, artesán e intérprete de gaita e zanfona, oriundo de Bande, que a inicios do s. XX rescatou a zanfona do esquecemento e dignificou a construción da gaita galega.

D. Faustino Santalices Muñiz tamén aprendeu a tocar a zanfona e se algo lle caracterizou sempre foi a devoción e amor polo seu pai, e como fiel depositario de todo o arquivo e memoria viva do seu pai, D. Faustino Santalices fillo loitou toda a súa vida polo recoñecemento da figura do seu pai e para a perpetuación da súa labor a prol da tradición musical e da cultura galega.

Na súa labor profesional como reputado oftalmólogo en Madrid, especializouse no afiado do instrumental quirúrxico oftalmolóxico, elevando a categoría científica o arte de afiar, que como el sempre explicaba só podía conseguir alguén que tivese nacido en Ourense, a terra dos afiadores. Tamén desenvolveu numerosos inventos e patentes que supuxeron un grande avance na cirurxía ocular do seu tempo.

Enterrárono onte e o funeral será hoxe ás 5 da tarde na Igrexa de Santa María en Pontevedra






Os Azoughados de Churío graban maqueta e queren estar acompañados de todos os amigos.

Celebrarán unha foliada o día 16 de maio ás 21.30 horas e estarán acompañados por:

Grileiros (A Coruña)

Maghúa (A Coruña).

Contarase con zona de acampada.

O Cruceiro de Feás.

Máis información no teléfono 677455377




Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante toda a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facian os nosos devanceiros nas Antigas Romarías.

Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e máis ao grupo Castro Floxo... botádelle un ollo xa veredes como se vos meten as ganiñas no corpo ...

http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE
http://www.youtube.com/watch?v=GOlR42PQHnQ&feature=related

Para máis info: http://www.romariaraigame.es/




BASES IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL DE VILAGARCÍA 2010

- Poderán participar todos os grupos de baile galego ata un máximo de 8 e que cumpran os seguintes requisitos:

- Serán grupos mixtos, formados polo menos por cinco parellas (sempre e cando as características do baile non requiran outro tipo de formación).
- Cada asociación só poderá participar cun grupo.
- Os/as bailadores/as unicamente poderán concursar nun só grupo.
- Deberán posuír grupo de acompañamento propio.
- Irán ataviados con traxe tradicional (tanto o grupo de baile como o de acompañamento).

O concurso celebrarase o DOMINGO 23 DE MAIO ÁS 19:30 H. NO AUDITORIO.

PREMIOS:

Primeiro 900 € e trofeo
Segundo 450 € e diploma
Terceiro 300 diploma
Premio do Público

- A orde de intervención dos grupos determinarase mediante sorteo (uns días antes)
- Cada grupo disporá dunha única intervención cunha duración máxima de 6 minutos.
- O premio do público decidirase entre o público presente mediante unha votación e posterior reconto.
- O xurado estará composto por persoas expertas na materia e a súa decisión será inapelable.
- Valorarase a autenticidade, calidade dos bailadores, dificultade, vestiario, posta en escena, e calidade do grupo de acompañamento.
- Estas bases están suxeitas a calquera modificación previo aviso ós grupos participantes.
- A organización declina calquera responsabilidade sobre posibles accidentes ou danos durante a participación no concurso.
- A valoración do cumprimento destas bases recae na organización.

O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS actuará a modo de exhibición.

FOLLA DE INSCRIPCIÓN
Mandar por mail: grupomalveiras@gmail.com OU malveiras@malveiras.com
(se non se recibe un e-mail ou chamada de teléfono da organización é que non se recibirón bases) INSCRICIÓN: ANTES DO 25 DE ABRIL

PARA CALQUERA DÚBIDA PODEN CHAMAR Ó TELÉFONO: 607 606 312 JOSÉ EIRAS

NOME DO GRUPO ________________________________________________________________________
ENDEREZO DO GRUPO E CORREO ELECTRÓNICO: ________________________________________________________________________

NOME E TELÉFONO DA PERSOA DE CONTACTO: ________________________________________________________________________
PEZA A INTERPRETAR E CARACTERÍSTICAS DO BAILE: ________________________________________________________________________

PARTICIPANTES BAILARÍNS___ PANDEIRET.___ GAITEIROS___ TOTAL___


A plataforma Queremos Galego anda a organizar a manifestación do vindeiro Luns 17 de Maio ás 11:30h na Alameda de Santiago.

Os lugares e horarios dos autobuses será o seguinte:

O BAIXO MIÑO
SAÍDAS
9:30.- A Guarda; alameda
9:35.- Pías
9:40.- Goián
9:45.- Tomiño; Praza do Seixo
10:00.- Tui; Corredoira
Tlf. 679 986 290

O CARBALLIÑO
SAÍDAS
10:00.- Ribadavia, fronte ao Castelo
Tlf. 647 983 612
10:30.- O Carballiño, igrexa de Veracruz
Tlfs. 600 876 196 - 616 147 591 - 667 363 267

REGRESO
17:00

PREZO: 6 €

O CONDADO
SAÍDAS
9:10.- Mondariz
9:10.- Salvaterra de Miño
9:30.- Ponteareas
9:45.- O Porriño (só se houber algunha persoa anotada)
Tlf. 618 979 437 - queremosgalego.condado@gmail.com (podes remitir un correo electrónico a esta caixa de correo indicando o teu nome, apelidos e localidade onde moras).

REGRESO
Ao remate da manifestación

PREZO: 5 €

* Data límite para anotarse: 14 de maio

LUGO
SAÍDA
9:30.- Casa Sindical (Ronda da Muralla)
Tlfs. 982 280 410 - 620 262 807 - 982 225 812

* Data límite para anotarse: 14 de maio ás 13:00

VALDEORRAS
SAÍDA
8:30.- O Barco; Praza do Concello
Tlf. 690 768 295

REGRESO
17:30
* Faranse paradas onde sexa necesario

VILASANTAR
SAÍDA
10:30.- Casa do Concello
Tlfs. 981 778 169 - 608 355 855


Coma tódolos anos a AGG xunto co Concello de Pontevedra anda a organizar o Memorial Ricardo Portela, que este ano xa conta coa XI edición.

As datas elixidas nesta ocasión son o 17 e 18 de Xullo na Praza de Ourense e da Peregrina nas que se desenvolverán as diferentes actividades.

Novamente levarase a cabo a Mostra de Artesáns que permanecerá aberta na Praza de Ourense os dous días que dura o memorial.

O sábado 17 de Xullo terá lugar o concurso do Memorial cunha fase eliminatoria pola mañá e unha final á tarde.

Próximamente poderedes consultar as bases.



O luns 10 de maio ás 21 h terá lugar o quinto concerto do Ciclo Forumfolk 2010 a cargo de Tátara Trío, unha formación composta por tres músicos de formacións xa asentadas no eido da música galega: Ruote, Donaire e Tirulque. Leva cinco anos percorrendo locais e pubs de música folk. A actuando en distintos festivais(Matamá folk, fetival folk festas de San Pedro en Compostela, festa do marisco de O Grove...). O repertorio do grupo non só abarca música tradicional. Máis do 70% do seu repertorio é de composición propia. Este concerto pode ser considerado a posta de largo do grupo na Coruña.
Esta composto por:
Alex Fente: acordeón piano
Fernado Docampo: violín, pecusións e voz
Pablo Díaz: clarinete, gaita, percusións e voz.
Prezo das entradas: 5 euros (3 euros desconto carné xove, maiores de 65 anos e desempregados)


« 1 2 (3) 4 5 6 ... 83 »
Menú principal
Mini calendario
Més pasadoSet 2010Més seguinte
Lu Ma Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Hoxe
Eventos para hoxe
Sen eventos
Eventos por vir
Sen eventos