Benvido ao Portal da AGG!

Login
Nome:

Seña:


Esqueceu a seña?

Procura
Tradescola

Aturuxos

Publicacións da AGG

Varios : PRESENTACIÓN DE TRECE LÚAS, NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL DA AGG

A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta ante os medios de comunicación o seu novo traballo audiovisual, Trece Lúas. O acto terá lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, o venres 3 de Abril ás 12:00 da mañá, e contará coa presenza de Iván Area, Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, e Santiago Caneiro Aneiros, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Trece Lúas é un libro-CD-DVD que nos convida a facer unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción e co ciclo do ano como fondo da escena. É unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente (“O Quiquiriquí” e “Pelo Gato 24”), trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.

Este novo traballo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos conta có patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, e da Universidade de Vigo, e poderase atopar proximamente en librerías, tendas de discos e grandes almacéns, distribuído por A Lonxa Cultural.

Para máis información poden poñerse en contacto coa asociación de Gaiteiros Galegos a través do número de teléfono 986847074 ou no enderezo de correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com

Páxina para imprimir Enviar esta história a un amigo
Menú principal
Mini calendario
Més pasadoSet 2010Més seguinte
Lu Ma Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Hoxe