Benvido ao Portal da AGG!

Login
Nome:

Seña:


Esqueceu a seña?

Procura
Tradescola

Aturuxos

Publicacións da AGG

Novidades discográficas


LINHO DO CUCO
Linho do Cuco 3

Informamos que á Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos terá lugar o vindeiro Domingo 27 de Xuño, do presente ano 2010, ás 11:00h. en primeira convocatoria, e ás 11:30h. en segunda convocatoria. Este ano terá lugar no Auditorio do Museo do Pobo Galego, situado en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

A asemblea terá a seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación se procede das actas anteriores.
2. Informe das actividades realizadas no ano 2009.
3. Planificación de actividades para o ano 2010.
4. Aprobación do estado de contas do ano 2009.
5. Rogos e preguntas.
6. Varios

Agardamos contar coa túa presenza.




A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Sarria. Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

O vindeiro día 16 de Xuño en horario de mañán, terán lugar 2 concertos didácticos de música tradicional na Casa da Cultura de Sarria, dirixidos á poboación en idade escolar dos distintos centros da vila, e nos que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Nos concertos amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Este concerto didáctico estará guiado por tres mestres da Tradescola, Bruno Villamor, Emilio Mesías e Luis Correa “O Caruncho”.

Posteriormente, o domingo 20 de Xuño, o Local social Os Breogáns acollerá durante todo a día un curso de técnicas de canto tradicional, que estará guiado polas profesoras da Tradescola, Montse Rivera e Begoña Lorenzo.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com


Logo de dez anos dende o lanzamento do seu derradeiro disco, o grupo de música tradicional galega Noitarega volve á actualidade coa edición de "XXI", o seu novo e agardado traballo discográfico, un disco conmemorativo dos seus 21 anos de existencia.
Gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijóo e do propio grupo, "XXI" é un disco que nos amosa a clara evolución da banda ao longo destes anos e que conta cunhas colaboracións musicais de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto), Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas), Coral Lago (Gaideón), Pandeireteiras Grialia e Silvia Costas. "XXI" estará dispoñible a finais deste mes de Xuño.

Como adianto á saída deste traballo, no myspace de Noitarega (www.myspace.com/noitarega) podedes ver o tráiler promocional de "XXI" (http://www.youtube.com/watch?v=qT9etkyTw7Y&feature=recentlik) e escoitar seis das pezas que compoñen o traballo, ademais dos concertos e de todas as novas do grupo, como a Presentación Oficial que fará no Fórum Metropolitano de A Coruña o vindeiro 25 de Xuño ou a entrevista deste sábado día 12 no programa Lume na Palleira de Radio Galega Música, onde se sortearán entre os oíntes varios exemplares do disco.


Os vindeiros 5 e 6 de xuño terá lugar o "V Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste". Este ano non se poderá celebrar a actividade central do "Encontro", a VII edición do "Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA", agardando que o vindeiro ano se lle poida seguir dando continuidade, as actividades que se levarán a cabo este ano son as seguintes:

Sábado 5 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)

11:30 h RELATORIO
Las edades de la gaita. Dr. Javier Campos Calvo-Sotelo

12:30 h PRESENTACIÓN
Presentación CD VI Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA.
Actuación de Albor (Pedro Álvarez, Ramón Corral e Miguel Souto), conxunto gañador da VI edición

13:30 h EXPOSICIÓN DE PINTURA
Inauguración da exposición Manuel Villanueva, o Gaiteiro de Poio, do pintor e gaiteiro Álvaro Novegil "Alvarellos" coa intervención de Manuel Orío Ávila, escritor, crítico, periodista e músico.

ESCOLA DO CAMPO (Combarro - Poio)

17 h -20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa

DOMINGO 6 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)

11 h -14 h e de 17 h - 20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa

Información sobre as actividades, horarios e inscrición no cartel e folleto adxunto.

Máis información:
- Concello de Poio www.concellodepoio.es / 986 77 00 01
- Asociación Cultural Pai da Cana www.paidacana.com / 626 82 54 42


A Asociación Cultural Retrouso organiza este sábado ás 20.00h a segunda edición do Festival do Acordeón de Bueu, no Centro Social do Mar, con entrada de balde. No acto intervirá o alumnado da escola de acordeón MªTeresa Pedrouso da Asociación Retrouso, Haberá unha colaboración do grupo de pandeireteiras Retrouso (que tocarán acompañadas do acordeón e tamén algunhas pezas elas soas), tocará o actual profesor da escola, o acordeonista vigués Manuel Olegario Rodríguez, e pechará o acto o grupo folk A ghaita do avó, con xente de Marín e varios colaboradores da Asociación Retrouso.

Este é o primeiro festival que se celebra desde o inesperado falecemento a finais do ano pasado da profesora e fundadora da escola de acordeón dentro da Asociación Retrouso, Mª Teresa Pedrouso. Con tal motivo, Retrouso quere dedicarlle a ela o festival e, para gardala na máis achegada lembranza decidiu poñerlle o seu nome á escola de acordeón.

Retrouso é unha asociación cultural con sede na parroquia de Cela, en Bueu. Conta con actividades enfocadas á formación fomento e difusión da cultura galega, con clases de baile, gaita, percusión, canto e pandeireta, coro e acordeón.


Nordestin@s en concerto este sábado 5 de xuño,
Nordestin@s, a canción que mira ao Norte, por primeira vez no Sur.
Dúas voces galegas, Guadi Galego e Ugía Pedreira, modelan o repertorio mariñeiro do Norte, achegándose á súa infancia, á música popular que lle transmitiron os seus pais, xuntándoa coas súas propias composicións que tamén miran ao mar.
Todo vai envolto coas harmonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o pianista Abe Rábade.
*Auditorio Municipal do Rosal -rúa do Couso -36770 O Rosal (Pontevedra)ás 21h (entrada libre)


Tras 24 anos percorrendo os cinco continentes e tras visitar 26 países e falar en 12 idiomas distintos, Luar Na Lubre presentan o seu CD/DVD en directo “Ao Vivo”. A banda acadou recoñecemento internacional cando Mike Oldfield gravou a canción “O son do ar” no seu álbum “Voyager”. Neste espectáculo, baseado no CD/DVD “Ao Vivo” que foi premiado na derradeira convocatoria do 2009 dos Premios da Música no apartado de Mellor Álbum de Música Tradicional, Luar Na Lubre interpretará os seus temas clásicos e algúns temas novos do que vai a ser o seu próximo traballo discográfico. Luar Na Lubre participan tamén no disco Cantigas do Camiño cunha excelente versión do xacobeo Romance de Don Gaiferos, editado por vez primeira polo mítico Faustino Santalices nos anos 40.
Santiago / 6 de xuño / Auditorio de Galicia / 21 h


O Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) quere de novo manifestar a súa total indignación e malestar ante o que está a contecer coa serie de novas publicadas en distintos medios de comunicación con relación a última xira da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense por terras chinesas, onde participou representando, segundo din eles, aos galegos dentro da Semana de Galicia da Expo Universal de Shanghái á conta de todos nós. É un erro moi grave e unha falta de respecto dicir nestas novas que a instrumentación e estética que emprega esta formación é galega e que os traxes e a súa música representan a nosa cultura. Simplemente temos que observar un pouco a agrupacións deste tipo para decatarnos que son todo menos galegas. Levamos anos e anos sendo partícipes desta gran farsa, desta manipulación total e absoluta por parte de Xosé Lois Foxo (Director desta agrupación e da Escola de Gaitas ourensá) e de tódolos organismos públicos e privados (Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Caixa Galicia, Caixanova, etc.) que apoian esta copia mal feita do modelo escocés nas bandas de gaitas e que presumen de defender a nosa terra. Xa vemos. E máis cando institucionalmente esta agrupación presume de representar a Galicia co beneplácito dos nosos gobernantes. Porque o Señor Foxo sabe de sobra e é consciente de todo o dano que está a facer. E ese máis que repetido argumento de que hai que evolucionar cae polo seu propio peso porque o que se está a facer é copiar directamente: gaitas cos roncos cara arriba (imitando ás escocesas), bastón de mando militar, tambores e bombos de alta tensión (os mesmos que os das bandas escocesas), pezas manipuladas ao seu antollo, malabarismos e desfiles espectaculares. Todo moi galego segundo eles. O CDG limítase a informar e concienciar á cidadanía desta inxusta situación que estamos a vivir na nosa música dende hai xa case vinte anos. Esta confusión fai que o pobo asuma como propio algo que non é de aquí. E o máis triste é, sen dúbida, que os espectadores que presenciaron á Real Banda neses concertos pensan que a música galega é así e identifican iso como o que non é. Lamentable e vengoñento. Basta xa de mentiras e enganos.

Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)


Dous anos despois de presentar o seu primeiro traballo, Pradairo volta cunha nova proposta chea de tradición e innovación, sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folk actual. Pateado é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados.

Dez músicos, dez temas, dez realidades sonoras que flúen sen esforzo por todas as tímbricas dos nosos instrumentos coloreados con tinguiduras doutras terras. Ritmo e creatividade cos pés na terra. Pateado.

A presentación terá lugar ás 21h o xoves 3 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela.




O GAITEIRO DO FRAGOSO, como el mesmo gustaría que o recordaran, é un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia e imprescindible para o que pode considerarse Vigo e comarca.Hoxe en día é o mellor expoñente da tradición gaitística galega.figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano,pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.

Por ende, organízaselle un máis que merecido acto de homenaxe que terá lugar o vindeiro sábado 19 de Xuño no auditorio do Conservatorio Superior de música de Vigo.

Posterior á homenaxe haberá unha cea, que ten prazas limitadas no Restaurante Rocamar de Baiona (40€ praza). Para inscribirse podedes contactar coa secretaría da Asociación de Gaiteiros Galegos no telf 986 84 70 74 ou no correo secretaria@gaiteirosgalegos.com









Os vindeiros 18,19 e 20 de Xullo terán lugar en Ferrol os Cursos Folk.

Entre as disciplinas que atoparemos están o violón, pandeireta, bodhran, gaita e percusión tradicional entre outras.

Para máis info: cursosfolkferrolterra@gmail.com

http://www.facebook.com/#!/pages/CURSOS-FOLKFERROLTERRA/119156911446713?ref












Comunicamoslle que o vindeiro sábado 29 de maio ás 12,30 horas terá lugar a inauguración da exposición temporal
FAUSTINO SANTALICES. TRADICIÓN MUSICAL GALEGAno Museo Etnolóxico, rúa Santiago 10, Ribadavia.

A este acto asistirán, entre outras autoridades, o Director Xeral do Patrimonio Cultural - D. José Manuel Rey Pichel, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia e o Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Turismo.

Ao finalizar, Félix Castro Vicente interpretará unha peza con unha das gaitas de Fausltino Santalices.



50 Músicos en palco con até 15 instrumentos diferentes e melodías populares, novas composicións, arranxos anovadores...

Unha proposta audaz e entretida dunha música e uns músicos con perspectiva aberta, ecléctica e divertida.

Un concerto para non perder!


*Este venres 28 de maio, ás 21:30 horas, no Auditorio do Centro Cultural de Beade (Vigo). Con entrada libre, até completar aforo.


www.moxenas.blogspot.com


Dous anos despois de presentar o seu primeiro traballo, Pradairo volta cunha nova proposta chea de tradición e innovación, sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folk actual. Pateado é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados.
Dez músicos, dez temas, dez realidades sonoras que flúen sen esforzo por todas as tímbricas dos nosos instrumentos coloreados con tinguiduras doutras terras. Ritmo e creatividade cos pés na terra. Pateado.
A presentación terá lugar ás 21h o xoves 3 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Biografía:
Pradairo nace no outono de 2006 co obxectivo de levar adiante un proxecto que aportara un valor engadido ó traballo de campo realizado en Galicia nas últimas décadas. A súa idea musical plásmase por primeira vez nunha maqueta gravada nos estudios de son da Radio Galega nos meses de Febreiro e Marzo do ano 2007. Como primeira actuación preséntase no certame de música folk Radio Obradoiro organizado en Compostela polo grupo Correo Gallego logrando o primeiro premio consistente na gravación dun disco.
Xa en Marzo de 2008 editan o seu primeiro disco “Aliaxe” que os leva a realizar máis de 20 actuacións por toda a xeografía galega ó largo do verán, destacando entre todas a participación no festival de Ortigueira como finalista do certame Runas tras ser seleccionado entre máis de 40 formacións.
No ano 2009 é seleccionado para participar no concurso Löic Raison de grupos noveis do Festival intercéltico de Lorient, acadando a segunda posición entre outras trece formacións de lugares tan dispares como Escocia, Illa de Man, Irlanda ou a propia Bretaña





VENRES 28 Foliada en Abellá-Frades

Dende as 20:00h roteiro de gaiteiros por los bares: CARLOS, MARTIN E NOVO.


E a partir das 22:00 h, no Restaurante CASA VELLA, celebrarase a 20.ª edición das "Noites de Tasca".



O protagonista da noite será, entre outros, o gran palleteiro e mestre gaiteiro da Coruña XAN BREA LODEIROS


E despois Foliada para que participedes todos os que vos acheguedes a Abellá


(1) 2 3 4 ... 83 »
Menú principal
Mini calendario
Més pasadoSet 2010Més seguinte
Lu Ma Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Hoxe
Eventos para hoxe
Sen eventos
Eventos por vir
Sen eventos