Publicacións
Menu »» Asociación de Gaiteiros GalegosTipo de publicación |
Páxina web |
Autores similares |
|---|---|---|
Libros |
| Outras ligazóns |
|---|
| Título da Publicación | Capítulos | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O Quiquiriquí ![]() |
'O Quiquiriquí' está composto por un libro (64 páxinas de información das cantigas incluidas no CD e textos explicativos sobre as tradicións do Nadal en Galiza), un CD (que inclúe trece temas, unha pista interactiva con partituras e letras das cantigas, un xogo, arranxos para frauta doce e instrumental Orff e Play Backs) e un DVD (docufilm explicativo das principais tradicións de nadal, 'cómo se fixo' a gravación, un videoclip, unha entrevista a Xosé Luis Rivas con dous informantes, o audio e o playback de todos os temas) 'O Quiquiriquí' pódese atopar á venda nas principais librerías e tendas de discos do país, cun PVP recomendado de 17 €. Os socios da AGG poden mercalo directamente nos locais da AGG en Pontevedra e Lugo ou solicitar o seu envío a domicilio por un prezo de 10€ + gastos de envío (se é o caso). Para solicitar o seu exemplar chame ao teléfono 986 847 074 ou envíe un e-mail a secretaria@gaiteirosgalegos.com |
1. Aguinaldo entrada (Tradicional) 2. Buscando unha estrela (Paulo Nogueira) 3. Da rosa, rosiña (Tradicional) 4. O pelo roxiño (Tradicional) 5. Ovos e torresmos (Tradicional) 6. Señora iama da casa (Tradicional) 7. Noite de tanta alegría (Tradicional) 8. Ano novo (Tradicional) 9. Unha pouca roupiña (Tradicional) 10. Metido nun ovo (Tradicional) 11. Marchemos alegres (Tradicional) 12. A campá que resoa (Xosé Casal) 13. Aguinaldo despedida (Tradicional) |
||||||||||
Actas dos Congreso de Ensinantes de Música Tradicional ![]() |
Trala celebración dos Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, a AGG reuniu todo o material recollido durante eses días mediante gravacións de son e vídeo, entrevistas cos relatores, fotografías e documentos. O resultado é a posterior publicación das actas do I e do II Congreso, que permiten a difusión deste material respecto do ensino da música tradicional en Galicia. As Actas están dispoñibles nos locais da AGG en Lugo e Pontevedra, de forma gratuíta para socios e cun custo de 5€ cada unha para non socios. Tamén se pode solicitar o seu envío a domicilio, correndo cós gastos de envío. Para solicitar o seu exemplar chame ao teléfono 986 847 074 ou envíe un e-mail a secretaria@gaiteirosgalegos.com |
|||||||||||
PeloGato24 ![]() |
O CD de audio consta de 13 cantigas tradicionais para nenos, interpretadas por cantantes e músicos do prestixio de Leilía, Fuxan os Ventos, Migallas, Xabier Díaz, Mercedes Arribe, Sonia Lebedynski, Sra. Carmen, Xurxo Souto, César Longa, Begoña Riobó, Pancho Álvarez, Segundo Grandío, Xosé Liz e a charanga 'Vai de Baile'. O DVD está formado por un docufilm dirixido por Pablo Carpintero e Gustavo Couto sobre os xogos tradicionais, ademais dun 'cómo se fixo' e os videoclips e playbacks das cantigas. Se queredes obter mais información, non deixedes de visitar a páxina web. 'PeloGato24' pódese atopar á venda nas principais librerías e tendas de discos do país, cun PVP recomendado de 17 €. Os socios da AGG poden mercalo directamente nos locais da AGG en Pontevedra e Lugo ou solicitar o seu envío a domicilio por un prezo de 10€ + gastos de envío (se é o caso). Para solicitar o seu exemplar chame ao teléfono 986 847 074 ou envíe un e-mail a secretaria@gaiteirosgalegos.com |
1. Dígame se fai favor 2. Arao 3. 25 mentiras 4. A vaca marela 5. O señor Don Gato 6. Xan de Outeiro 7. A pita podeira 8. O conde cego 9. O paraugas do Xosé 10. Madrugaba 11. Media volta 12. Pequeniño é 13. Debaixo da figueira 14. Conto da Muiñeira de Chantada |
||||||||||
Trece Lúas ![]() |
Trece Lúas, cun formato libro-CD-DVD, é unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente, trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo. 'Trece Lúas' pódese atopar á venda nas principais librerías e tendas de discos do país, distribuído por A Lonxa e cun PVP recomendado de 17 €. Os socios da AGG poden mercalo directamente nos locais da AGG en Pontevedra e Lugo ou solicitar o seu envío a domicilio por un prezo de 10€ + gastos de envío (se é o caso). Para solicitar o seu exemplar chame ao teléfono 986 847 074 ou envíe un e-mail a secretaria@gaiteirosgalegos.com |
1. Marzo 'Pascua' 2. Abril 'O cuco' 3. Maio 'Maíño' 4. Xuño 'A flor da iauga' 5. Xullo 'A palmeira' 6. Agosto 'Danza de Betanzos' 7. Setembro 'Vendima' 8. Outubro 'Magosto' 9. Novembro 'San Andrés' 10. Decembro 'O loureiro' 11. Xaneiro 'Reis' 12. Febreiro 'Cabalgata de Entroido' |
||||||||||
O Berce das Palletas ![]() |
'O Berce das Palletas. A construción de palletas e pallóns' contribuirá a que os nosos gaiteiros e gaiteiras teñan a man unha ferramenta que lles permita coñecer a fondo cal é o proceso de construción da peza que constitúe a alma da gaita. Sabendo como construíla, será entón doado manexala e adaptala ás nosas propias necesidades tímbricas e de afinación. Así pois, desde a Asociación de Gaiteiros Galegos agardamos que esta nova publicación que agora poñemos nas vosas mans vos sexa útil e contribúa a afastar do esquecemento outro anaco do noso coñecemento tradicional. 'O Berce das Palletas' pódese atopar á venda nas principais librerías, distribuído por Arnoia e cun PVP recomendado de 9 €. Os socios da AGG poden mercalo directamente nos locais da AGG en Pontevedra e Lugo ou solicitar o seu envío a domicilio por un prezo de 5€ + gastos de envío (se é o caso). Para solicitar o seu exemplar chame ao teléfono 986 847 074 ou envíe un e-mail a secretaria@gaiteirosgalegos.com |
|||||||||||
[ Ir ao índice ]
Os comentarios son de propriedade de quen os enviou. Non somos responsables polo seu contido.










