Discografia
Menu »» TIRULEQUE| Na primaveira do 2002 nace como proxecto Tiruleque, consecuencia das inquedanzas musicais de seis rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional. Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo “música galega” nun intento de clasificar o seu estilo. Neste aspecto, a máxima de Tiruleque é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección. Nas suas actuacións están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, mais empregados ao xeito propio do grupo. Reinterpretando en certa maneira a tradición, Tiruleque recurre a súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos. TIRULEQUE condensa nos seus compoñentes moitos anos de experiencia dentro do mundo da música galega. O grupo está formado por: -- ANTÓN BUENO: contrabaixo, gaita, coros -- ALEX FENTE: acordeón, coros -- LUÍS GARCÍA: bombo con pratos, percusións, coros -- MIGUEL HORJALES: caixa, percusións, coros -- PABLO PINTOR: clarinete, gaita, pito galego, triángulo, voz -- FERNANDO ROMÁN: saxo, clarinete, gaita, coros |
Xénero |
Páxina web |
Artistas similares |
|---|---|---|
Folc |
| Outras ligazóns |
|---|
| Disco | Pezas | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tiruleque ![]() |
Tiruleque son: -Antón Bueno Salto: contrabaixo, gaita e coros -Alejandro Fente Balsa: acordeón -Fernando Román Pérez: saxo soprano, clarinete, gaita e coros -Pablo Pintor Sánchez: voz, gaita, clarinete, pito galego e triángulo -Miguel Horjales Fraga: caixa, percusións e coros -Luis García Corral: bombo con pratos, percusións e coros COLABORACIÓNS: - Ricardo Casás “Richi” (arranxo sección de ventos, saxo alto, zanfona) - Lourenzo Castro “O Vendaval do Rosal” (trombón) - Javier Trillo (trompeta) - Lucía Viqueira (coros, pandeireta, aturuxos) - Manuel Pintor, Paco Ulloa e Marta Horjales (coros) - Jorge López (aturuxos) PRODUCCIÓN: TIRULEQUE EDICIÓN: Runa Records PEZAS: 1-2.- Alvite-Queixas 3.- A Seña Lixandra 4.- Buscás 5-6.- SanSa 7.- Valzz de Teixeira 8.- Canto das mozas 9-10.- Sesión vermú 11-12.- Rillote'spadas 13.- Cen |
|||||||||||
[ Ir ao índice ]
Os comentarios son de propriedade de quen os enviou. Non somos responsables polo seu contido.






