Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Cecebre afina roncóns

Cecebre afina roncóns

Festivais, Foliadas, Romarías

foliada cecebreGaiteiros da parroquia cambresa organizan o venres a súa tradicional foliada, con músicos e bailadores como Susana Seivane, Pedro Lamas, Xosé Lois Romero ou Quique Peón.
A música tradicional ten en Cecebre un lugar de referencia. A parroquia cambresa, que dende hai máis de dúas décadas acolle o taller de instrumentos da familia Seivane, recoñecido co Premio Nacional de Artesanía, conta con notables músicos no eido da tradición que con regularidade se xuntan en foliadas ate a madrugada. Tras máis dun ano sin reunirse para tocar e bailar, gaiteiros de Cecebre organizan de novo a xuntanza, que se celebrará na noite deste venres. A máis internacional dos Seivane xa confirmou asistencia, igual que destacados músicos como Pedro Lamas, Roberto Somoza ou Xosé Lois Romero

Gaitas, pandeiretas e aturuxos soarán o venres na popular foliada que dende hai anos organiza un grupo de gaiteiros de Cecebre e que, esta vez, fíxose de rogar. "Unha das últimas foi a do Nadal de 2014, así que hai moitas ganas acumuladas", asegura o gaiteiro e saxofonista Pedro Lamas, un dos amigos de Cecebre que organizan a festa e dos músicos máis coñecidos que participarán no encontro.

(Prema no título para ler a nova completa)

Pola cita deixaranse caer también amigos dos organizadores que son músicos profesionais, entre outros, artistas como a gaiteira tamén de Cecebre Susana Seivane, o director musical e intérprete Xosé Lois Romero, o profesor do Conservatorio Superior da Coruña Roberto Somoza ou o bailarín e director da escola coruñesa Xacarandaina Quique Peón. Calquera pode tratarse na noite do venres sobre as táboas con estes reputados músicos xa que esta jam session do país é aberta a todos os que queiran participar. "Non é preciso inscribirse aínda que se algúen quere que o anotemos para asegurarse que o vamos ter en conta para tocar, pode poñer un comentario no meu perfil de Facebook", explica Lamas.

Calquera excusa é boa, admite o músico, para facer estas xuntanzas, que organizan de xeito regular hai uns anos. Neste caso, a foliada conságrase á primavera. "Fixemos foliada de Difuntos, de primavera, de verán, de Nadal, dos namorados... E sempre en Cecebre", relata Lamas. O obxectivo é xuntarse e disfrutar da música. "Non hai ningunha superestructura detrás, nin sequera somos unha asociación. Somos xente con gusto por facer estas cousas e como hai músicos coñecidos, imos tirando uns dos outros e créase interese", explica Lamas. A convocatoria adoita atraer a xente de toda Galicia e mesmo persoas de países extranxeiros que andan preto na data da festa. Aínda que o obxectivo é "pasalo ben" sin preocupación por sumar xente, Lamas calcula que se apuntarán á festa unhas duascentas persoas.

O lugar elexido ten capacidade para acoller a gran foliada que se espera. "É un antigo salón de baile, onde estaba o local de xuventude de Cecebre, que agora funciona como local hosteleiro. É moi amplo e ademais ten o chan de madeira, o que se agradece para os bailadores", describe Lamas. A festa comezará ás 10.30 horas e "non se sabe cando rematará". Nesta ocasión haberá que ver cómo respiran os novos responsables do local pero, como precedentes, Lamas conta que músicos e bailadores teñen festexado ate as 07.00 horas.

http://www.laopinioncoruna.es/