Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O Real Coro “Toxos e Froles” celebra o seu centenario

O Real Coro “Toxos e Froles” celebra o seu centenario

Varios

toxos-e-froles1O Real Coro “Toxos e Froles” celebra ao longo deste ano 2015 o seu centenario.

Como primeira das actividades que teñen organizadas, convidan a participar nun acto de irmandamento a todas as persoas que nalgún momento formaron parte dalgunha das distintas seccións do Toxos, e que fixeron e fan posible que o Coro siga vivo.

Esta xuntanza será o vindeiro VENRES 27 DE MARZO ÁS 20.30 HORAS no 1°andar do local social da rúa Magdalena 220 de Ferrol. 
Presentarán o programa de actividades do Centenario, e de seguido, todos xuntos tomaran unha copa de viño e falarase do pasado, presente e futuro da entidade.