Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / IV encontro de coros tradicionais Cantares no Miñor

IV encontro de coros tradicionais Cantares no Miñor

Varios

cantaresbrionCantares do Miñor, o Encontro de Coros Tradicionais celebrará a súa cuarta edición en Vigo. Será este sábado, no auditorio do teatro García Barbón, coa entrada de balde. Cantares de Brión, con sede en Vincios, é a agrupación organizadora do evento: “Aínda que esta é unha comarca cunha forte tradición coral, o que non se dá son os coros tradicionais galegos, algo que espallou polo resto de Galicia coa Rexurdimento”, sinala Xosé Crego, presidente da Cantares e quen apunta como ao Orfeón Mariñeiro do Berbés como único referente deste tipo de música na cidade.
A gran novidade para o público vigués será a recuperación da esencia do espectáculo tradicional, onde as cantigas compartían escenario co teatro. Os propios integrantes de Cantares de Brión cambiarán a interpretación musical pola dramatización. Como “respiro” entre o repertorio dos coros, representarase unha pequena peza de oito minutos, “Diálogo da gharsa e o brión”, baseada na lenda da Touba do Brión, localizada na Serra do Galiñeiro, nunhas covas que levan ese nome e onde dende hai uns anos a agrupación folklórica organiza unha romaría en maio. A lenda popular foi teatralizada por unha integrante de Cantares, Lucía Cid Cabido.
Nesta ocasión, o grupo invitado para os encontros é outro dos históricos, o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, que conmemora o seu centenario. No repertorio interpretarán  composicións populares e obras de autor, dos primeiros anos do século pasado, pero tamén de nova creación por autores contemporáneos.

Finalmente, entre as pezas intepretadas por Cantares de Brión destacan as recuperacións populares e os novos temas, baseados fundamentalmente en poemas coetáneos con música de intérpretes como Luis Caruncho, entre outros
Cantares do Miñor, o Encontro de Coros Tradicionais celebrará a súa cuarta edición en Vigo. Será este sábado, no auditorio do teatro García Barbón, coa entrada de balde. Cantares de Brión, con sede en Vincios, é a agrupación organizadora do evento: “Aínda que esta é unha comarca cunha forte tradición coral, o que non se dá son os coros tradicionais galegos, algo que espallou polo resto de Galicia coa Rexurdimento”, sinala Xosé Crego, presidente da Cantares e quen apunta como ao Orfeón Mariñeiro do Berbés como único referente deste tipo de música na cidade.
A gran novidade para o público vigués será a recuperación da esencia do espectáculo tradicional, onde as cantigas compartían escenario co teatro. Os propios integrantes de Cantares de Brión cambiarán a interpretación musical pola dramatización. Como “respiro” entre o repertorio dos coros, representarase unha pequena peza de oito minutos, “Diálogo da gharsa e o brión”, baseada na lenda da Touba do Brión, localizada na Serra do Galiñeiro, nunhas covas que levan ese nome e onde dende hai uns anos a agrupación folklórica organiza unha romaría en maio. A lenda popular foi teatralizada por unha integrante de Cantares, Lucía Cid Cabido.
Nesta ocasión, o grupo invitado para os encontros é outro dos históricos, o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, que conmemora o seu centenario. No repertorio interpretarán  composicións populares e obras de autor, dos primeiros anos do século pasado, pero tamén de nova creación por autores contemporáneos.
Finalmente, entre as pezas intepretadas por Cantares de Brión destacan as recuperacións populares e os novos temas, baseados fundamentalmente en poemas coetáneos con música de intérpretes como Luis Caruncho, entre outros.

http://www.atlantico.net