Un neno gaiteiro de Guitiriz, apadriñado por históricos do folk galego
Xoves, 26 Febreiro 2015 12:25
Abel Pena Bodenlle, presentouse o pasado sábado, nun encontro de máis de cen persoas en Castro de Ribeiras do Lea, nunha verdadeira fervenza de música, poesía, e canto, onde pediu un turno, non só porque quería estrear a gaita naquela celebración senón tamén para presentarse en sociedade coma gaiteiro solista. As primeiras notas abraiaron pola súa emoción, e de súpeto músicos xa consagrados coma Mini e Mero de A Quenlla, ou o gaiteiro Raúl Galego, dispuxéronse a acompáñalo. E as olladas de todos facían a mesma pregunta, ¿pero cantos anos ten? Abel, aos seus 10 anos, xa fai música coa guitarra e a gaita. Gústalle partillar estes tempos de creación, e agasallar co que el mellor domina: transmitir os seus sentimentos coa linguaxe da música.