Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos / OH TRIO PRESENTA DISCO

OH TRIO PRESENTA DISCO

Concertos

Germán Díaz, Antonio Bravo e Diego Martín presentan “Cancionero Gallego”.

oh trioAínda que os tres músicos xa se coñecían de moitos anos antes, Oh Trío nace como tal no 2008. E en tan poucos anos, e a pesar das dificultades xeográficas engadidas (os tres músicos viven en Lugo, Madrid e Berlín) xa están a presentar neste 2015 o seu primeiro álbum, que recén sae á luz neste mes de xaneiro.

Ofrécennos unha homenaxe ao “Cancionero Gallego” de Torner e Bal y Gay, facendo unha revisión de varios dos temas que se poden encontrar neste cancioneiro. Entre os centenares de melodías que inclúe esta obra, Oh Trío proponnos a recreación de once melodías dende o prisma do jazz e da improvisación.

Como non podía ser doutra forma, as primeiras presentacións realizaranse en Galicia, e así entre o 30 de xaneiro e 3 de febreiro o público galego teremos a inmensa sorte de ter a estes tres grandes músicos xirando pola xeografía galega, facendo diferentes concertos de presentación deste álbum.

Comezarán a xira o 29 de xaneiro cun concerto en Casa Paca, en Xermar, Cospeito, as 21.00h.

O 30 de xaneiro, concerto no Teatro de Ribadeo para continuar ao día seguinte en Allariz, na Fundación Vicente Risco, e posteriormente o domingo 1 de febreiro na Sala Garufa da Coruña. Nesta fin de semana ademáis destes concertos realizarán tamén dúas sesión matinais, a primeira o sábado 31 no Museo Provincial de Lugo e o domingo, nun espazo realmente único como é o Obradoiro de Campás Ocampo en Caldas de Reis. Ambas sesións ás 13h.

Non podían faltas as actividades didácticas, por eso o luns 2 continuarán cun concerto didáctico para os alumnos do IES Santiago Basanta de Vilalba, e as 21.00h outro concerto no Pazo de Liñares-Pardo en Lalín.
Pecharán a xira realizando un concerto na capital galega o día martes 3 no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) dentro do ciclo Sons que programa o Concello de Compostela.

 Máis info:

http://www.germandiaz.net/ohtrio/