Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Xacarandaina celebra o II Festival solidario de Nadal

Xacarandaina celebra o II Festival solidario de Nadal

Festivais, Foliadas, Romarías

festival xacarandainaXACARANDAINA CELEBRA O II FESTIVAL SOLIDARIO DE NADAL
Tras o éxito do I Festival Solidario celebrado o 23 de decembro de 2013, a Asociación Cultural Xacarandaina organiza o II Festival Solidario de Nadal a favor do Banco de Alimentos da Coruña, o sábado 27 de Nadal ás 18:00 horas no Centro Ágora da Coruña.
Neste acto actuarán os grupos infantís e xuvenís de baile, pandeireta e gaita da Asociación. Os grupos que aínda non tiveron tempo suficiente para compoñer os seus bailes ou pezas actuarán de igual xeito, participando no canto da panxoliña de nadal ao final do evento.
Ademais da actuación dos grupos da Asociación Cultural Xacarandaina, o Festival contará, como invitados, a A .C. e D. A Meda e a A. X. Xiradela, así como a actuación especial do GMBT Xacarandaina dirixido por Henrique Peón.
Panxoliña “Muxicas do ceo”, Muxicas, interpretada por todos os participantes (10 min)
O Festival dará comezo ás 18:00 no que participarán todas as alumnas e alumnos da Asociación de 3 a 18 anos. As actuacións estarán repartidas entre grupos de baile, pandeireta e gaita, e no medio destas representacións actuarán os grupos invitados de A Meda e Xiradela. Para finalizar o evento haberá unha gran actuación do GMBT Xacarandaina, así como unha representación conxunta de todos os grupos participantes de Xacarandaina e os grupos invitados cantando a tradicional panxoliña “Muxicas do ceo”.
A entrada ao evento será por un quilo de alimento, que se recollerá, a partir das 17:30 horas, ás  portas do auditorio,  para seren doados ao Banco de Alimentos da Coruña.
Con este acto, a Asociación Cultural Xacarandaina, coa colaboración desinteresada de todas as súas alumnas e alumnos e dos grupos invitados, pretende aportar unha pequena axuda aos máis necesitados.

Máis info:
Ana Fernández (Directora de Círculo de Actividades).............. 649 847 630
Asociación Cultural Xacarandaina .............................................. 981 277 315
Correo electrónico .............................................................. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo