A TRADESCOLA TEN ABERTO O PRAZO DE MATRICULA. O CURSO 2014/2015 INICIARASE O VINDEIRO 13 DE OUTUBRO
Xoves, 02 Outubro 2014 15:31
A TRADESCOLA, o centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, ten aberto o prazo de matrícula para asistir ás aulas de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal,ademais das aulas específicas para os máis pequenos.
As aulas iniciaranse o vindeiro día 13 de outubro.
Na Tradescola poden inscribirse alumn@s dende os 4 anos. As clases impártense en horario de tarde e de luns a venres e para distintos niveis de iniciación ou perfeccionamento.
Máis información nos locais da Tradescola en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo