Xornadas sobre Organoloxía da Gaita - AGG - 27 Setembro - Auditorio Municipal de Ourense
Luns, 22 Setembro 2014 11:04
O vindeiro sábado 27 de setembro, dentro das Xornadas sobre Organoloxía da Gaita que a AGG realizará no Auditorio Municipal de Ourense,contaremos coa participación de Pablo Carpintero, que na súa conferencia explicará as diferentes tipoloxías das gaitas de fol que se coñecen no noroeste da península Ibérica dende a Idade Media ata o momento actual, así como os trocos que estas sufriron ao longo do tempo e a súa influencia sobre o resto de Europa.