"De Raíz" , I Mostra de Música e Baile tradicional
Martes, 26 Agosto 2014 10:15
"De Raíz" , I Mostra de Música e Baile tradicional que terá lugar o vindeiro venres 29 de agosto ás 22:00h na Praza da Casa da Torre - Redondela (Pontevedra), é a ferramenta a través da cal o grupo artístico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolvido polos seus integrantes ao longo destes anos. Desde Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de campo realizados, e tratando de que a comunicación co público sexa directa, doada e lúdica.
Esta I Mostra abrangue o traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo do ano 2013. Percorreran toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaranse músicas das catro provincias así como as características dos seus bailes, ritmos e xeitos de tocar e cantar.