A AGG estará presente no Festigal cun posto informativo e de venda de publicacións
Xoves, 24 Xullo 2014 08:20
A Asociación de Gaiteiros Galegos contará cun espazo informativo baixo carpa e organizará actuacións de música e obradoiros para os máis cativos no espazo infantil.
A Asociación de Gaiteiros Galegos, achégase un ano máis ata o FESTIGAL, que se celebrará en Santiago de Compostela o 25 de Xullo. A AGG contará cun espazo cuberto por unha haima, no que se poderá recibir información sobre esta entidade, as actividades que organiza e adquirir diverso material relacionado coa cultura tradicional. Aquí poderanse atopar á venda as rifas para participar no sorteo dun tambor e unha gaita que se vai a celebrar na 21 Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas, os días 2 e 3 de agosto de 2014.
A Asociación de Gaiteiros Galegos colabora coa organización do FESTIGAL achegando as actividades relacionadas coa Cultura Tradicional Galega. A AGG é a encargada do asesoramento das actuacións de música tradicional e de distintos obradoiros que se efectúan dentro deste festival. Nesta edición, coordina dous dos obradoiros que terán lugar no espazo infantil, como son o obradoiro de construción de xoguetes e instrumentos vexetais, impartido por Pablo Carpintero, que terá lugar ás 16: 00 horas e, posteriormente, ás 17:30 horas, o obradoiro de bailes e xogos bailados a cargo de Olga Kirk. Así mesmo, tamén xestiona dúas das actuacións de música tradicional cos grupos Carapaus e Faíscas de Solobeira, que animarán as rúas a espazos polos que discorre este festival.