III Memorial Antonio Fernández (Marín)
Mércores, 23 Abril 2014 08:50
A Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a súa figura, do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.
O Concurso celebrarase o Domingo 6 de Xullo no Multiusos da Praza de Abastos de Marín.
E recordámos tamén que xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial, que este ano coincide co 40 ANIVERSARIO do grupo, o Domingo 13 de Xullo.
Máis Info: http://oschaneiros.blogspot.com.es/