XI Festival Xironsa - Cambados
Mércores, 21 Agosto 2013 12:12
O vindeiro 31 de Agosto vai ter lugar o festival Xironsa na Praza da Seca en Corvillón ( Cambados) .Os actos daran comenzo as 11 horas cun pasarrúas por toda a parroquia por parte do Grupo Xironsa.
As 13 horas a sesión vermouth estará amenizada polo prestixioso cuarteto de gaiteiros, nacidos na seo da asociación “Bou de Bou”.
As 14 horas Xantar Popular, (información para o xantar no seguinte enlace ):
Pola tarde sobre ás 16 horas haberá xogos de animación amenizados pola “Cé Orquestra Pantasma”.
Posteriormente haberá campionatos de Escoba, o mesmo tempo que tamén se celebrarán xogos de de Rá Infantil e de Chave e as 17.30 horas máis xogos populares (Carreiras de Sacos, Zancos, carrilana e tiro de corda). As 21.30 terá lugar o Festival Xironsa, a cargo de Xironsa e Tiruleque.
As 23.30 horas mexiloada gratis, entrega de premios e sorteo dunha cesta. A xornada rematará as 00.00 horas coa sesión Dj “Disco Duendeneta”.
Os actos están organizados por la Asociación Cultural Xironsa e están abertos a toda persoa ou colectivo que queira participar dun xeito ou doutro.