Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Pasamento de D. Henrique Otero Covelo

Pasamento de D. Henrique Otero Covelo

Varios

henrique oteroHoxe temos que lamentar a trsite perda de Henrique Otero Covelo, O Gaiteiro do Fragoso, como a el mesmo lle gustaría que o lembrasen. Foi un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia, en particular en Vigo e a súa comarca.

Foi o mellor expoñente da tradición artística galega, figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano, pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.

Baixo o seu maxisterio foron recoñecidos por primeira vez os estudos oficiais de gaita galega polo MEC en 1977.

A concesión da Medalla Constantino Bellón e a gravación dun disco monográfico, foron un xusto recoñecemento a esta traxectoria tan intensa e fructífera para a cultura galega.

Dende a AGG lamentamos fondamente esta gran perda.

A capela ardente quedará instalada no Tanatorio Vigo Memorial a partir de hoxe venres, ás 17:30 horas. A Misa e incineración mañá as 17 horas na capela do Tanatorio.