Pasamento de D. Henrique Otero Covelo
Venres, 19 Abril 2013 08:51
Hoxe temos que lamentar a trsite perda de Henrique Otero Covelo, O Gaiteiro do Fragoso, como a el mesmo lle gustaría que o lembrasen. Foi un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia, en particular en Vigo e a súa comarca.
Foi o mellor expoñente da tradición artística galega, figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano, pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.
Baixo o seu maxisterio foron recoñecidos por primeira vez os estudos oficiais de gaita galega polo MEC en 1977.
A concesión da Medalla Constantino Bellón e a gravación dun disco monográfico, foron un xusto recoñecemento a esta traxectoria tan intensa e fructífera para a cultura galega.
Dende a AGG lamentamos fondamente esta gran perda.
A capela ardente quedará instalada no Tanatorio Vigo Memorial a partir de hoxe venres, ás 17:30 horas. A Misa e incineración mañá as 17 horas na capela do Tanatorio.