V Festival Val da Maía
Venres, 22 Febreiro 2013 10:42
A ASOCIACIÓN CULTURAL E XUVENIL “VAL DA MAÍA”
Ten a ben convidarvos á celebración do V Festival “Val da Maía”, que terá lugar o vindeiro sábado, 2 de marzo, ás 20:00, na Casa da Cultura de Bertamiráns, no que actuarán o grupo de pandereteiras “Maianas”, organizadoras do evento e gañadoras do premio do xurado no concurso da Radio Galega "Vas sacar nota 2012"; “Quodlibet”, de Pontevedra; “Irmandades do Falo”, de Vilalba (gañadores do premio do público no concurso da Radio Galega "Vas sacar nota 2012"); “Os Chichisos”, de Pontevedra; “O Ghusto do Boi”, de Boqueixón, e “Picuíña”, de Marín.