Bases do concurso de baile Punta Tacón do programa Luar
Venres, 26 Outubro 2012 11:26
Bases do concurso de baile Punta Tacón do programa Luar.
Dinámica do concurso. "Punta Tacón".
A ritmo de Muñeira.
30 segundos. A parella “A” fai unha coreografía con dous pasos de muñeira.
30 segundos. A "Animación" repite a coreografía da parella “A”.
30 segundos. A parella “B” intenta repetir xunto a parella "A" a coreografía da parella “A”.
30 segundos. A parella “B” saca coreografía de muñeira.
30 segundos. A Animación repite coreografía da parella “B”.
30 segundos. A parella “A” intenta repetir xunto a parella "B" a coreografía da parella “B”.
O concurso terá un formato de “liguilla” entre as parellas concursantes.
Cada parella concursante terá que facer varias intervencións en diferentes días, posiblemente 1 intervención cada 6 semanas durante a duración do concurso. Cada concursante recibirá unha puntuación de parte do xurado.
O xurado estará composto por tres expertos do mundo do folclore. Montse Rivera, Javier Feijoo”Chisco”, Henrique Peón.
Os concursantes recibirán en concepto de colaboración 50 € cada un, máis os gastos de desprazamento.
O concurso terá un primeiro premio de 4000€ en metálico e un segundo premio de 2000€ en metálico.(suxeitos ás correspondente retencións de IRPF).
Poden presentarse parellas home/muller, Muller/muller, home/home, que cumpriran 16 anos.
Aclaración: A “Animación” trátase duns monecos que repiten a coreografía que fixo a parella concursante. Para iso, as parellas concursantes terán que facer a “captura de movemento” das coreografías. Para facer a “captura de movemento” deberán preparar unha coreografía de cada estilo, muñeira e jota, e ir un día a grabar a un estudio de animación. Previamente se lles proporcionará a música para crear as coreografías. A coreografía deberá ter dous puntos (o punto deberá de repetirse ca outra perna, executándoo polo menos dúas veces), despois a composición é “libre”. O día da grabación os gastos dos desprazamentos das parellas corren por conta do programa Luar. O día da grabación da animación, pagaráselles a cada un dos compoñentes da parella 25€ en concepto de colaboración pola grabación.
Para participar manda un correo co teu nome e teléfono de contacto a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo "> Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chama ao teléfono 620 29 41 66.