Pasamento de Ernesto Abal González
Venres, 13 Xaneiro 2012 15:36
Hoxe temos que informar dunha triste nova, faleceu Ernesto Abal de 67 anos, bombeiro do grupo "Os Faíscas" de Solobeira (Vilagarcía de Arousa).
Ernesto, amigo dos amigos e un apaixoado da música tradicional, levaba 20 anos formando parte do Grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, tiña a peculiaridade de poder extraer do seu instrumento un son moi especial que destacaba pola súa nitidez e perfecta afinación ademais do seu estilo propio e característico. Sempre ligado á cultura do país, Ernesto era irmán de Secundino Abal o gaiteiro de Vilariño que fundara OS CARBALLEIRAS, homenaxeado recentemente no concello de Cambados
Sempre estivo ligado a cultura tradicional, en todo o que participou, sempre quixo que a nosa cultura e sobre todo, a nosa música, estivese no lugar máis alto que podamos imaxinar.
O enterro será mañá, sairá as 15:45 dende o novo tanatorio de Ribadumia cara a igrexa de San Adrián de Vilariño (Cambados) onde se oficiará o funeral as 16 horas.
Aos amigos gustaríalles renderlle unha homenaxe tocando, polo que vos convidan a tod@s aqueles que queirades a levar unha gaita en Do para acompañalos.
Dende aquí facerlles chegar o noso máis sentido pésame á familia e amigos.