Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

Cursos

Tras o parón do pasado ano, alleo aos desexos da Asociación de Gaiteiros Galegos, a AGG volta a organizar a que será a V edición do Congreso de Ensinantes de música tradicional, que se celebrará no AUditorio de Galicia os días 7, 8 e 9 de Outubro do 2011

As catro edicións anteriores demostran como esta cita anual se está a converter nun referente, xa non só para a xente que traballa no entorno da música tradicional, senón para mestres e mestras que achan no congreso unha fonte de ideas e coñecementos  para desenvolver  o seu quefacer diario.

Pretendemos pois con esta actividade, amosar a riqueza da nosa cultura tradicional, incidindo na importancia que ten a transmisión destes coñecementos  para que as novas xeracións continúen a valorar, respectar e transmitir este importante legado cultural. Deste xeito consideramos imprescindible que se involucren todos os axentes educativos no eido da música e da cultura tradicional como son escolas de música, conservatorios, asociacións culturais, etc.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

DATAS:

7, 8 e 9 de Outubro do 2011

LUGAR

Auditorio de Galicia

Avda. Burgo das Nacións s/n

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

INSCRICIÓN

Podes descargar o boletín de inscrición premendo aquí ou solicitalo na oficina da AGG. Este deberá ser enviado debidamente cumprimentado xunto co xustificante do pago bancario, ben por correo postal á dirección Lugar de Quintán 3, 36121 Viascón (Cotobade) Pontevedra,  ou ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O prazo de inscrición rematará o 3 de outubro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Prégase comprobar dispoñibilidade dE prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición. 

PREZO DA MATRÍCULA

Estudantes e/ou asociados da AGG, AS-PG e afiliados á CIG: 20 €

Outros : 40 €

Para poder beneficiarse dos descontos da matrícula é preciso acompañar á información requirida, un xustificante que acredite dita condición

 

FORMA DE PAGO

Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto “V Congreso” e o nome completo da persoa.

 

HOMOLOGACIÓN

Está en trámite a validación deste Congreso por un crédito de libre configuración para todas as titulacións da Universidade de A Coruña.

Solicitada homologación á Consellería de Educación.

Aquelas persoas non activas na Consellería de Educación deberán consultar as condicións para a obtención do título homologado a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

PROGRAMA

VENRES

TARDE 16.00 H A 22.00 H 

16.00 h – Recepción e reparto de material. 

16.40 h – Acto de apertura do “ V Congreso de ensinantes de música tradicional galega”. 

17.15 h – 18.30 h – I RELATORIO: Visita virtual á “Casa da Gaita”. O primeiro museo galego adicado á gaita de fol. Asociación de Gaiteiros Galegos 

18.30 h – 19.00 h – DESCANSO. 

19.00 h – 20.30 h – II RELATORIO.  A zanfona como recurso dentro das aulas de música de primaria. Teresa Gómez 

20.30 h – 22.00 h – I MESA DEBATE:  Estado actual na metodoloxía de aprendizaxe da zanfona en Galicia. Teresa Gómez, Paulo González, Xermán Díaz. Moderador  Xaneco Tubío.  


SÁBADO 

 

MAÑÁ DE 10.00 H A 14.00 H 

10.00 h – 11.15 h – III RELATORIO. O ensino da gaita galega en nenos. Xaime Estévez 

11.15 h – 12.00 h – I COMUNICACIÓNS. 

12.00 h – 12.20 h – DESCANSO. 

12.20 h – 14.00 h – I OBRADOIRO: A música nas aulas con instrumentos humildes. Susa Herrera.

 

TARDE DE 16.00 H A 19.00H 

16:00 h – 16:45 h – PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL. “Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega” Pablo Carpintero. 

16.45 h – 18.15 h – II MESA DEBATE. Instrumentos cultos e populares na historia da música tradicional. Pablo Carpintero, Fernando Reyes, Luís Costa. Moderador Iván Area

18.15 h – 19.00 h – PRESENTACIÓN.   “Os Morenos de Lavadores” Xerardo Fernández Santomé e Miguel Pérez Lorenzo  

DOMINGO

 

MAÑÁ DE 10.00 H A 14.00 H 

10.00 h – 11.15 h – IV RELATORIO:  A música galega como terapia en idades temperás. Andrea Gómez. 

11.15 h – 12.00 h – II COMUNICACIÓNS. 

12.00 h – 12.20 h – DESCANSO. 

12.20 h – 14.00 h – II OBRADOIRO: A música popular na musicoterapia. Dra Pilar Lago

 

TARDE DE 16.00 H A 20.00H 

16.00 h – 17.20 h – III OBRADOIRO: Xogos tradicionais e populares. Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional  

17.20 h – 18.20 h – V RELATORIO: Colectivo Xosé Afonso, O Cantor e a música tradicional. Xosé Pumar 

18.20 h – 18.40 h – DESCANSO.  

18.40 h – 19.30 h – CONCERTO. Colectivo Xosé Afonso  

19:30 h – 20.00 h – CONCLUSIÓNS E CLAUSURA do V Congreso de ensinantes de música tradicional galega.