Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Cancelado o VIII Encontro de Bandas de Gaitas Memorial "Lolete" por falta de financiación

Cancelado o VIII Encontro de Bandas de Gaitas Memorial "Lolete" por falta de financiación

Varios

Non haberá este ano encontro de Bandas de Gaitas en memoria do gaiteiro Lolete. E non será por desinterese da asociación de veciños de Piñeiros, que como cada ano tiña planeada a súa organización xunto coa festa do churrasco e outras dúas actividades. Senón que será por falta de fondos, por falta de apoio institucional dende o Concello de Narón que goberna Terra Galega e que, segundo os primeiros indicios, seguirá facéndoo. Estamos a falar dunha partida económica que por parte do mesmo partido político fora outorgada para este evento durante anos. Pero ao parecer, este ano non será así.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

Con anterioridade ás eleccións locais, o presidente desta entidade púxose en contacto con responsables da área no goberno municipal, os cales xa avisaron de que non habería apoio económico. Cabe recordade que esta entidade non solicita anualmente a subvención que convoca o Concello, a xeito de boa vontade.

Facendo uso do símil futbolístico: por que? por que o barrio non os apoia? por que hai que darlle a outros? por que? Simple e claramente, non hai resposta. Esperemos que agora que lle viron as orellas ao lobo, por fin, haxa un cambio de verdade na actitude. Que non se esquezan que a nós non nos sacan as ganas de traballar nin na caixa, pero que con estas accións egoistas privan de actividades ao barrio de Piñeiros. Logo queixámonos dos resultados das eleccións, pero o pobo non se equivoca....

Os amigos de Galicia Ártabra resumen aquí o sucedido.

http://www.avvpineiros.com