Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Publicacións / Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega en Internet

Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega en Internet

Publicacións

Como agasallo do Apalpador temos un novo recurso en internet, a versión electrónica do libro de Pablo Carpintero "Os Instrumentos musicais na tradición galega"

Textos, fotografías, videos,... un grande traballo

Cando chegou ás nosas mans a enciclopédica obra “Os instrumentos musicais na tradición galega” soubemos que estabamos ante un verdadeiro fito na investigacións e difusión da cultura sonora do país. O traballo que encerra é un completísimo estudo, serio, fondo, rigoroso, sistemático, nos tempos de hoxe e doutrora, na vida e na arte, de máis de 150 instrumentos musicais e útiles sonoros empregados en Galicia; onte de forma popular e que hoxe aínda manteñen, en distinta medida, a súa presenza.

Nesta ópera magna Pablo Carpintero Arías, etnomusicólogo, sintetizou en textos e estudos os dezaseis anos de investigación que hai por tras; Xoán Ramón Marín achegou deseños de liñas limpas e claras que facilitan a comprensión dos instrumentos, e o proxecto Ronsel de colaboración entre a Consellería de Cultura, a Axencia Galega de desenvolvemento e as Universidades Galegas, facilitou o soporte material. Por último, a Difusora de letras, artes e ideas, realizou un magnífico traballo gráfico de fotografía, deseño e concreción plástica en forma de grande libro. A opinión pública galega así o recoñeceu a través do galardón Losada Diéguez ao mellor ensaio publicado no 2009.

Porén, desde o Arquivo Sonoro de Galicia, desde o Consello da Cultura Galega, pensamos que a unha obra que se achegase aos instrumentos musicais da tradición, a un proxecto de posta en valor do patrimonio cultural inmaterial, éralle moi conveniente e preciso nestes tempos de avanzada tecnoloxía global, unha versión que permitise tanto a difusión instantánea en todo o mundo, como o engadido dun utilísimo complemento de imaxes e sons correspondentes á música realizada con cada instrumento.

Grazas á xenerosidade e comprensión de autores e patrocinadores foi posible realizar este traballo de reelaboración do libro. Sen dúbida, Pablo Carpintero engadindo estes sons e imaxes, estas músicas que podemos oír e esas formas de tocar os instrumentos que vemos tamén da súa man, gravadas nos estudos da Radio Galega por Pablo Barreiro como técnico de son e por Alba Vázquez Carpentier como técnico de imaxe, dá un novo paso no peche dunha obra maxistral, que é desde xa, o canon dos estudos sobre os instrumentos musicais de Galicia.Como agasallo do Apalpador temos un novo recurso en internet, a versión electrónica do libro de Pablo Carpintero "Os Instrumentos musicais na tradición galega"

Textos, fotografías, videos,... un grande traballo

Cando chegou ás nosas mans a enciclopédica obra “Os instrumentos musicais na tradición galega” soubemos que estabamos ante un verdadeiro fito na investigacións e difusión da cultura sonora do país. O traballo que encerra é un completísimo estudo, serio, fondo, rigoroso, sistemático, nos tempos de hoxe e doutrora, na vida e na arte, de máis de 150 instrumentos musicais e útiles sonoros empregados en Galicia; onte de forma popular e que hoxe aínda manteñen, en distinta medida, a súa presenza.

Nesta ópera magna Pablo Carpintero Arías, etnomusicólogo, sintetizou en textos e estudos os dezaseis anos de investigación que hai por tras; Xoán Ramón Marín achegou deseños de liñas limpas e claras que facilitan a comprensión dos instrumentos, e o proxecto Ronsel de colaboración entre a Consellería de Cultura, a Axencia Galega de desenvolvemento e as Universidades Galegas, facilitou o soporte material. Por último, a Difusora de letras, artes e ideas, realizou un magnífico traballo gráfico de fotografía, deseño e concreción plástica en forma de grande libro. A opinión pública galega así o recoñeceu a través do galardón Losada Diéguez ao mellor ensaio publicado no 2009.

Porén, desde o Arquivo Sonoro de Galicia, desde o Consello da Cultura Galega, pensamos que a unha obra que se achegase aos instrumentos musicais da tradición, a un proxecto de posta en valor do patrimonio cultural inmaterial, éralle moi conveniente e preciso nestes tempos de avanzada tecnoloxía global, unha versión que permitise tanto a difusión instantánea en todo o mundo, como o engadido dun utilísimo complemento de imaxes e sons correspondentes á música realizada con cada instrumento.

Grazas á xenerosidade e comprensión de autores e patrocinadores foi posible realizar este traballo de reelaboración do libro. Sen dúbida, Pablo Carpintero engadindo estes sons e imaxes, estas músicas que podemos oír e esas formas de tocar os instrumentos que vemos tamén da súa man, gravadas nos estudos da Radio Galega por Pablo Barreiro como técnico de son e por Alba Vázquez Carpentier como técnico de imaxe, dá un novo paso no peche dunha obra maxistral, que é desde xa, o canon dos estudos sobre os instrumentos musicais de Galicia.

 

www.cosellodacultura.org