Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos

Os Miñotos

A terra cha

Lugo

Teléfono: 982 393 278 / 696 431 657 / 696 305 600

e-mail: vitor@gaiteirosgalegos.com / xaneco@gaiteirosgalegos.com

Web: http://www.myspace.com/osminhotos

OS MINHOTOS é o son acadado e consolidado por un entender a nosa música tradicional, un xeito propio e definido que conxuga festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobor da música tradicional galega.
OS MINHOTOS levan moitos anos adicados ao mundo da música tradicional galega, tanto no eido do ensino como no da construcción de instrumentos musicais.
OS MINHOTOS combinan a estética e gusto da formación tradicional coas harmonizacións clásicas mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete; o seu repertorio e variado e alterna a música de autor coa tradicional.
OS MINHOTOS é o resultado do aprecio de cinco músicos galegos pola música do seu País, Galiza; sen aditivos tanto na forma coma no fondo.
Os compoñentes de OS MINHOTOS son: •
Alberto : Gaita (Do, Sib, Sol), Pandeiro, Pandeireta, Bombo
Bruno: Gaitas (Re, Do, Sib, Sol), Requinta, Pandeireta, Tamboril, Bombo
Paula: Acordeón, Bombo. •
Vitor: Zanfona, Gaitas (Do, Sib, Sol), Clarinete, Percusións
Xaneco: Tamboril, Pandeiro, Pandeireta, Tixoletas, Ferriño